Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


Xornada: a mina de caolín de Laxe, un recurso turístico

enviar a un amigo
  • A Cámara Mineira e o Concello de Laxe promoven o legado mineiro local a través de charlas e un roteiro


O Museo do Mar de Laxe acolle este venres 15, a partir das 18.00 horas, a mesa redonda “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico” no marco do programa de desestacionalización do turismo reLaxese promovido pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo. Execútase así a primeira medida ao abeiro do acordo para a promoción do legado mineiro local e da minaría en xeral asinado entre o Concello de Laxe, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a empresa Caolines de Vimianzo o pasado marzo.

Na mesa redonda, organizada conxuntamente coa Cámara Oficial Mineira de Galicia, participarán o experto do Instituto Geológico y Minero de España D. Jorge Fernández Suárez, o director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, D. Juan Ramón Vidal Romaní, e o director de Caolines de Vimianzo, D. Juan José López. En representación do Concello intervirán o alcalde, D. José Manuel Mouzo, e o concelleiro de Turismo, D. Xosé Manuel Pose.

Como complemento ás charlas divulgativas, o sábado á mañá desenvolverase unha ruta para coñecer os vestixios da mina de caolín e o actual proceso produtivo de Caolines de Vimianzo. Para realizala cómpre estar inscrito a través da web do Concello ou no teléfono 981 706 903, xa que o número de prazas é limitado. O prazo para apuntarse remata o venres ás 12.00 horas.

Divulgación e posta en valor

A organización destas accións divulgativas xorde da vontade do Concello de Laxe, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a empresa Caolines de Vimianzo de poñer en valor o legado xeolóxico e mineiro do concello, tal e como se reflectiu no convenio asinado en marzo.

Búscase promover especialmente o labor de Isidro Parga Pondal, quen foi presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia a comezos dos anos 80 do pasado século, cando estivo á fronte tanto da mina de Kaolines de Lage S.A como do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Trátase tamén potenciar Laxe como destino científico e turístico, a través da realización de actividades formativas, de investigación, culturais e recreativas relacionadas coa xeoloxía e a minaría.

15/06/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras Vazfer, S.A.
Pizarras Vazfer, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web