Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 24.Abril.2019


Votorantim Cimentos España obtén o certificado AENOR de empresa saudable

enviar a un amigo

Votorantim Cimentos España foi recoñecida co Certificado de Empresa Saudable que outorga AENOR. Este recoñecemento de carácter voluntario garante que as empresas adheridas teñen instaurado un sistema de xestión destinado a mellorar de forma sustentable a seguridade, saúde e benestar dos traballadores.

Alan Svaiter, CEO de Votorantim Cimentos España, foi o encargado de recoller esta certificación de mans do director de Mercadotecnia Sectorial e de Produto de AENOR, Pablo Corróns, nun acto que tivo lugar na sede da compañía en Vigo.

O modelo AENOR establece o Sistema de Xestión de Empresa Saudable (SIGES), que se basea na metodoloxía PDCA, é dicir, planificar, facer, verificar e actuar. Tal e como explican desde AENOR, implantar este sistema nas empresas permite promover e protexer a seguridade, saúde e benestar dos empregados, así como a sustentabilidade da contorna de traballo.

En concreto, a aplicación de SIGES tradúcese, entre outros aspectos, na redución dos accidentes e enfermidades, nunha maior motivación dos empregados e na sistematización dos elementos que caracterizan a unha contorna laboral saudable, como son o ambiente físico e psicosocial, os recursos destinados á saúde e a implicación da empresa na comunidade á que pertence.

“Estamos moi orgullosos de recibir esta certificación porque a seguridade e a saúde laboral sempre estiveron entre as nosas prioridades e son un eixo estratéxico do noso modelo de xestión”, asegurou Svaiter.

A empresa Votorantim Cimentos está adherida á Declaración de Luxemburgo e foi recoñecida polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo como Empresa Saudable, polo que forma parte da Rede Europea de Empresas Saudables. Ademais, recibiu os premios Prevencionar e A miña Empresa é Saudable, este último na categoría de benestar emocional. 

16/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Proinor, S.A.
Proinor, S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web