Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 22.Octubre.2018


Unha antiga canteira, primeira microrreserva galega de anfibios

enviar a un amigo

Unha antiga canteira de granito situada no municipio coruñés de Coirós converteuse na primeira microrreserva galega de anfibios. Tras cesar a actividade mineira, a principios dos anos 80 do pasado século, as choivas crean cada inverno de forma natural unha charca de dúas hectáreas que destaca pola alta variedade de ras, sapos, tritóns e píntegas.

Alí atópanse once das catorce especies anfibias presentes en Galicia, algunhas delas incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, como a ra vermella (Rana temporaria) ou a estroza (Hyla molleri).

Campaña de custodia

Advertidos polos expertos da singularidade do enclave, o Fondo de Conservación da Natureza das Mariñas "Fundación Fragas do Mandeo" iniciou hai dous anos unha campaña de custodia para preservar os valores naturais desta zona.

Así, en 2016 a entidade asinou un acordo co Concello de Coirós para asumir durante 50 anos o uso e a xestión do terreo, de titularidade municipal e que suma unhas cinco hectáreas, entre a charca e o bosque que a rodea.

Segundo explica a Fundación na súa web a prioridade é preservar as condicións para o mantemento, e mesmo incremento, das poboacións de anfibios. Na zona tamén se detectaron réptiles, aínda que a súa variedade non é tan relevante, coa presenza de sete especies das 25 autóctonas galegas.

Actuacións

Coa axuda de voluntariado ambiental, as primeiras actuacións centráronse na área da antiga canteira, coa retirada de residuos e a erradicación da flora exótica e invasora. Estes traballos, iniciados hai dous anos, continuaron durante este verán, tamén con labores de roza.

Ademais, a recente concesión de fondos europeos permitiu a contratación de tarefas que deben ser realizadas por profesionais, como a retirada de restos da actividade industrial ou a eliminación de eucalipto en lugares inaccesibles.

Por outra banda, está previsto habilitar un refuxio para visitantes e voluntarios nunhas casetas da antiga canteira, converter un vello transformador en acubillo para aves nocturnas, así como a instalación de paneis informativos e dun valado perimetral.

Especie ameazada

Convén destacar que os anfibios están considerados como o grupo animal máis ameazado do planeta. Entre as principais causas están a destrución dos seus hábitats, a contaminación da auga, o incremento de radiación ultravioleta, enfermidades infecciosas e a fauna exótica invasora, así como o cambio climático. Por este motivo, a creación de zonas húmidas en antigos espazos mineiros representa unha oportunidade para garantir a supervivencia da especie e mesmo favorecer o aumento das súas poboacións.

As microrreservas son espazos protexidos cunha superficie inferior ás vinte hectáreas. Permiten conservar pequenas áreas nas que se reproducen especies endémicas ou raras. A importancia deste enclave de Coirós, formado grazas á actividade extractiva previa, foi destacado polo Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva da Universidade da Coruña.

17/08/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.
Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web