Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 21.Septiembre.2018


Un proxecto de espazo ecolóxico e autosostible gañou o certame de restauración mineira

enviar a un amigo

O proxecto para a creación dun espazo verde, ecolóxico e autosostible deseñado por un equipo de tres estudantes de 3º e 4º de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos resultou gañador do I Concurso de restauración sostible de espazos mineiros. O certame, convocado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e o grupo empresarial Canteiras ARE, buscaba propostas para a rehabilitación da explotación de áridos Richinol, situada en Melide.

O xurado formado por técnicos da empresa ARE, propietaria da canteira, profesionais da restauración, docentes do campus e alumnos dos graos de Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos daba a coñecer o fallo o pasado maio. O equipo gañador, formado por Dna. Elena Domínguez, D. Xoel González e D. Víctor Lago, recibiu un diploma acreditativo e 200 euros para mercar material informático, audiovisual ou tecnolóxico.

Lago artificial

Segundo explicaron os integrantes do equipo gañador, a idea principal é a creación dun lago artificial cun carreiro de catro quilómetros que percorra diversos puntos de interese da explotación restaurada. Nesta ruta incluiranse zonas lúdico-deportivas, con pistas recreativas e lugares onde xantar, así como unha área de aloxamento con bungalós para darlles servizo aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Crearase tamén unha área de 2.000 metros cadrados de invernadoiros ecolóxicos nos que se impartirán obradoiros. A autosostibilidade do proxecto baséase en que toda a demanda de auga e de enerxía se sustentará na depuración da auga do lago e na instalación de paneis fotovoltaicos integrados na paisaxe. Ademais as augas grises xeradas serán usadas para regadío.

O obxectivo do proxecto é dispoñer dunha área sostible que reduza o impacto visual e ambiental e que tras o investimento inicial non supoña custos. Responde así ás bases do certame, que requirían propostas técnica, económica, social e ambientalmente viables para o aproveitamento do espazo mineiro, con usos sociais e privados que favorecesen a conservación, o aforro enerxético e a introdución de enerxías renovables.

18/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cupa Group
Cupa Group
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web