Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 17.Diciembre.2018


Un cento de escolares de primaria descubriron a industria cerámica galega co programa EnTéllate

enviar a un amigo
  • Un total de 115 alumnos de cinco centros das comarcas de Ordes e Arzúa visitaron o Centro de Interpretación de Brañas de Valga e a fábrica de tellas de Verea
  • O obxectivo da iniciativa é difundir e pór en valor os recursos naturais da comarca desde un punto de vista ambiental, histórico e social

A primeira edición do programa “EnTéllate”, organizado por Verea e o Concello de Mesía para promover o valor dos recursos naturais como a arxila e a súa xestión sustentable, clausurouse en outubro coa última visita de 14 escolares de 6º de primaria do CPI Xanceda de Mesía.

Un total de 115 alumnos das comarcas de Ordes e Arzúa participaron desde o inicio de curso nesta acción divulgativa, que incluíu visitas ao Centro de Interpretación Brañas de Valga e a fábrica de Verea en Mesía.

Durante a xornada didáctica deste venres, alumnado e profesorado realizaron unha visita guiada polo Centro de Interpretación para coñecer a historia da cerámica en Galicia. Os escolares descubriron mediante xogos as diferentes partes e funcións dunha telleira tradicional e tiveron oportunidade de inaugurar o novo acceso á pequena illa de As Brañas, situada na zona húmida de As Brañas e de recente creación. A visita ao Centro de Interpretación finalizou cun taller de barro no que cada alumno creou un obxecto de decoración en arxila que puido levar de recordo.

A xornada continuou na fábrica de tellas de Verea, onde puideron ver o proceso actual de fabricación de tellas cerámicas coa máxima durabilidade do mercado. Un proceso robotizado, supervisado e controlado por persoal cualificado que se realiza co menor impacto ambiental xa que conta os certificados Aenor de Calidade e Medio Ambiente ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015, o certificado EMAS que outorga o Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría e o selo Calculo e Reduzo, outorgado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación pola redución de emisións de CO2.

Os escolares participantes nesta primeira edición de EnTéllate, que pertencen aos centros CEIP Mesón do Vento (Ordes), CPI Armando Cotarelo Valledor (Boimorto), CEIP Campomaior (Ordes), CPI Pontecarreira (Frades) e CPI Xanceda (Mesía), teñen a posibilidade de participar nun concurso escolar de fotografía, debuxo e vídeo no que deben plasmar como se imaxinan as tellas do futuro.

EnTéllate, unha campaña para que os mozos se decaten

EnTéllate, campaña que conta co apoio da Cámara Oficial Mineira de Galicia, está dirixida a escolares de 6º de primaria e pretende promover o coñecemento sobre o medio rural a través de tres rutas: BioEnTéllate, HistoriEnTéllate e RuriEnTéllate.

BioEnTéllate é un achegamento aos recursos naturais da contorna e o medio natural de As Brañas. HistoriEnTéllate aborda a evolución da historia da arxila en Galicia e a produción de tellas, desde as súas orixes máis artesanais até a actual produción industrial. RuriEnTéllate analiza sectores que son fundamentais para o rural e o seu impacto económico.

50 anos de experiencia

Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente. A empresa, con medio século de traxectoria, conta cun persoal de 46 traballadores. Na actualidade, exporta máis do 50% da súa produción a países de catro continentes. Verea é a única empresa do seu sector que ofrece unha garantía de 50 anos para todas as súas tellas.

31/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pasek Minerales S.A.
Pasek Minerales S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.03
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web