Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Reunión coa Conselleira de Medio Ambiente para analizar vías de colaboración

enviar a un amigo

O presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Juan de Dios Martín, e o seu director, Diego López, reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o 10 de xaneiro. A orde do día da reunión tiña como obxectivo establecer lazos de colaboración en cuestións ambientais e de ordenación o territorio.

A COMG, como representante do sector mineiro galego, trasladou á conselleira os principais obxectivos e proxectos da entidade, así como algunhas das liñas de actuación nas que están a centrar os seus esforzos en materia ambiental co obxectivo de minimizar o impacto da actividade mineira na contorna.

Entre as funcións da COMG atópase a de representar ao sector empresarial mineiro en Galicia. É a voz de todos os subsectores e empresas extractivas, así como a ponte de unión entre estes, a sociedade e a administración.

Este encontro continúa a senda de colaboración iniciada o ano pasado entre a COMG e a Consellería de Medio Ambiente mediante a firma dun convenio para a redacción dunha Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas, unha ferramenta que axudará a integrar na paisaxe este tipo de actividades mineiras seguindo criterios de calidade.

Os representantes da COMG comunicaron a Ángeles Vázquez como o sector extractivo aumenta o seu compromiso co desenvolvemento sustentable, ao tratarse dunha actividade que depende de forma directa do aproveitamento dos recursos naturais.

Pola súa banda, a conselleira comprometeuse a analizar con detalle as demandas e propostas trasladadas en nome do sector mineiro, así como a estudar posibles vías de colaboración en materia de paisaxe entre o seu departamento e a COMG. 

11/01/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Rodabell Maquinaria S.L.
Rodabell Maquinaria S.L.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.25
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web