Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Publicados os relatorios e conclusións do V Congreso Nacional de Áridos

enviar a un amigo

Xa están dispoñibles para o público xeral as presentacións realizadas durante o V Congreso Nacional de Áridos, celebrado entre o 24 e o 26 de outubro en Santiago de Compostela e organizado pola Federación de Áridos (FDA).

A consulta e descarga dos relatorios pode realizarse desde a web www.congresoaridos.com.

Proximamente, segundo apuntan desde a organización, estarán dispoñibles os vídeos das mesas redondas, actualmente en fase de edición.

As conclusións demostran a firme aposta polo medio ambiente e a sustentabilidade

Dous días de intensos debates de moi alto nivel permitiron establecer estas interesantes conclusións, que foron lidas por César Luaces Frades, director xeral da Federación de Áridos, no acto de clausura.

Como resumo, pode asegurarse que a industria dos áridos é, e seguirá sendo, imprescindible para o desenvolvemento económico e social de España. Pero o sector debe facer, aínda un importante esforzo para colocarse á vangarda do desenvolvemento sustentable e lograr, así, unha aceptación social plena. Ver resumo executivo.

O Congreso celebrado en Galicia bateu marcas

O V Congreso Nacional de Áridos pechou as súas portas cun bo balance de cifras, rexistrando a asistencia de máis de 800 congresistas de 15 países.

Excedéronse así as expectativas, batendo marcas de número de inscritos, expositores, patrocinadores, colaboradores e comunicacións presentadas.

Pero non só destacou a cantidade, senón tamén a calidade: o 92% dos congresistas considerou que esta edición do Congreso foi excelente (68%) ou notable (24%), segundo os datos dos cuestionarios de valoración anónimos cumprimentados tras a súa celebración.

10/12/2018 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras Rozadais, S.A.
Pizarras Rozadais, S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web