Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Presentado o Catálogo de Granitos Galegos

enviar a un amigo
  • Nace como unha ferramenta de consulta única dirixida fundamentalmente ao público profesional
  • Recompila as singularidades das 41 variedades de granito que se extraen actualmente como roca ornamental en Galicia

Trátase dun catálogo que reúne a oferta do sector galego do granito. Un sector que ofrece materiais únicos, naturais, homologados e especialmente seleccionados para o seu uso tanto na construción e a decoración innovadora, como no deseño contemporáneo, entre outros ámbitos.

A finalidade desta ferramenta é a de divulgar, valorar e prescribir a ampla oferta galega de granito ornamental, o que pode contribuír a aumentar as vendas do produto. Este catálogo ofrece un compendio de todos os granitos extraídos actualmente na nosa Comunidade Autónoma.

Un total de 41 variedades diferentes

O Catálogo de Granitos Galegos, de natureza dixital, detalla as singularidades das 41 variedades diferentes de granito existentes en Galicia e sitúa sobre o mapa as 54 canteiras nas que se extrae este material dentro da nosa Comunidade Autónoma. Trátase dunha ferramenta singular, xa que recolle e ofrece información que até a data non podía ser consultada en ningún sitio.

Así, a través do portal granitosgallegos.pedra.online, os interesados poderán coñecer as diferentes variedades de granito, as características (cores e texturas) deste material e o seu potencial como elemento construtivo. Trátase dunha ferramenta de gran utilidade para os profesionais que prescriben pedra natural.

Campaña de promoción

A presentación deste catálogo circunscribiuse no marco dunha campaña promocional que a FCTGG puxo en marcha baixo o slogan #MineríaDaVida #GranitoDaVida e cuxa finalidade é favorecer o coñecemento social ao redor dun dos materiais construtivos máis fondamente arraigados en Galicia, como é o caso do granito.

Trátase dunha campaña financiada pola Xunta que vai en liña, ademais, coas actuacións promovidas desde a Cámara Oficial Mineira de Galicia baixo o paraugas de marca Minaría Sostible.

20/12/2018 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
David Fernández Grande, S.L.
David Fernández Grande, S.L.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.04
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web