Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 15.Noviembre.2018


Os balnearios e as augas minerais galegas presentaron a súa oferta en Brasil

enviar a un amigo
  • Foi no marco de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal
  • Tamén se deu a coñecer a marca “Auga de Galicia”, que contribuirá a diferenciar e darlle valor á orixe galega e ás virtudes da composición e calidade das nosas augas minerais e termais

O Clúster do Auga Mineral e Termal de Galicia participou a mediados de setembro en Brasil -na localidade de Foz do Iguaçu- en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que este ano cumpre a súa 18ª edición. Neste foro mundial de termalismo danse cita expertos procedentes de máis de vinte cinco países. A finalidade é impulsar o mercado do turismo termal, ao tempo que se establecen vínculos científicos e comerciais entre o continente europeo e o americano.

O Clúster contou cun stand na feira, dende o que se promocionaron as dúas entidades que o conforman: a Asociación de Balnearios de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (Agamin).

O xerente do Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia, Benigno Amor, incidiu no valor das augas minerais e termais galegas dende o punto de vista do turismo, a innovación e a sustentabilidade. Así, deu a coñecer as potencialidades de Galicia como primeiro destino termal de España dende a perspectiva mineira, sanitaria e turística; e divulgou as características das augas minerais galegas, a través de degustacións no propio stand e no bar de augas da feira.

O valor dos balnearios e augas minerais de Galicia

No marco desta feira, Amor explicou o proceso de constitución do Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia. Creouse en 2011 impulsado polas asociacións sectoriais de balnearios e augas minerais naturais, e co apoio da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia. É unha experiencia única en Europa, xa que non existe ningunha que aglutine os balnearios e as empresas de augas envasadas.

Forman parte da Asociación de Balnearios de Galicia 18 establecementos termais. Na provincia da Coruña atópanse o de Carballo e o de Compostela (Brión). En Lugo OCA Augas Santas (Pantón) e Lugo - Termas Romanas. En Ourense están os de Arnoia Caldaria, Baños de Molgas, Laias Caldaria (Cenlle), Lobios Caldaria, O Carballiño e Caldas de Partovia (os dous no Carballiño). E en Pontevedra sitúanse os de Acuña e Dávila (os dous en Caldas de Reis), Termas de Cuntis, Baños da Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui, Eurostars Isla de La Toja, Eurostars Gran Hotel La Toja e Mondariz.

Pola súa parte, Agamin conta con seis empresas asociadas: Fontecelta e Aguas de Cospeito (Fontoira), na provincia de Lugo; Aguas de Cabreiroá e Sousas, na provincia de Ourense; e Agua Sana e San Xinés na de Pontevedra.

Como iniciativa do Clúster, en Brasil presentouse a marca “Auga de Galicia”, que contribuirá a diferenciar e darlle valor á orixe galega e ás virtudes da composición e calidade das nosas augas minerais e termais. E tamén se deu a coñecer a aplicación para smartphones “Auga de Galicia”, que permite xeolocalizar os perímetros de protección dos acuíferos de augas minerais que existen no noso territorio.

Galicia, un referente na formación en Hidroloxía Médica

En relación á Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e Balnearios de Galicia, o seu director, o doutor Juan Gestal, abordou a súa importancia para o sector termal galego. Creouse en 2009 co apoio da Axencia de Turismo de Galicia para fomentar a docencia, a investigación e a difusión dos coñecementos sobre a Hidroloxía Médica. “Esta Cátedra pretende ser o estímulo e o motor do desenvolvemento e modernización da prestación balnearia en Galicia” -sinalou o doutor-. Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou que “a Cátedra está a garantir unha oferta educativa superior de calidade no eido do termalismo na comunidade”.

Ademais, como iniciativa da Cátedra, presentouse o Vademécum das Augas Mineromedicinais de Galicia, no que se recollen as indicacións terapéuticas da cura balnearia. Permite aos médicos dispoñer de información actualizada e científica sobre a súa composición e propiedades terapéuticas, o que facilitará o seu uso como alternativa eficaz ou complementaria aos medicamentos en certas doenzas. A través das xerencias dos hospitais do Servizo Galego de Saúde, xa se distribuíron uns 8.000 exemplares a todos os médicos de Atención Primaria e especialistas en reumatoloxía, pneumoloxía, dermatoloxía, traumatoloxía e rehabilitación en Galicia.

02/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Canteras Prebetong, S.L.
Canteras Prebetong, S.L.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web