Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Domingo - 25.Febrero.2018


Obxectivo cero accidentes no sector dos áridos

enviar a un amigo
  • Arigal, a Asociación Galega de Áridos reuniu ó sector nunha xornada técnica en Santiago de Compostela
  • Os diferentes axentes que interveñen en caso de accidente, definiron a marxe de mellora na actuacións.

 

Máis de 70 empresarios, técnicos e persoal da administración reuníronse o 6 de outubro no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, na quinta xornada de responsabilidade Empresarial no eido da Seguridade e saúde no sector dos áridos.

Nesta xornada, que vense desenvolvendo de forma anual con diferentes temáticas sempre relacionadas con responsabilidade empresarial na Seguridade no traballo, nesta ocasión, tódolos axentes que interveñen na investigación e tramitación dos accidentes laborais, definiron as melloras que se poden desenvolver, unha vez ocorrido o accidente.

Deste xeito, nunha primeira mesa de debate, membros da administración mineira, ISSGA e Cámara Oficial Mineira de Galicia debateron sobre onde fallan as estatísticas mineiras. Asemade, nesta mesa, o persoal do ISSGA detallou a súa labor de investigación dos accidentes, na procura dun accidente tipo.

Xa na segunda mesa, o fiscal de sinistralidade de Galicia, Don Luis Anguita Juega, xunto con membros dos diferentes corpos de seguridade do estado, Policía Nacional e Garda Civil, debullaron, en base a súa experiencia, en que aspectos debese aumentar o interese, de xeito que, igual que se procura a mellora continua nas condicións de traballo dos traballadores, tamén se minimicen os efectos posteriores o accidente no persoal da empresa, tento técnicos, coma administradores.

Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxectivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizar os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.

Dentro das acción do presente exercicio, tamén destaca a celebración a final do mes de outubro doutra xornada técnica relativa as novidade da sílice cristalina, así como a presentación dunha Guía Práctica da Sílice coma novo membro do catálogo de sustancias canceríxenas da Comisión Europea. 

09/10/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Queixas, suxestions, parabens Banner censo minero

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.14:6.32
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web