Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 26.Mayo.2018


O V Congreso Nacional de Áridos pretende impulsar a mellora contínua do sector

enviar a un amigo
  • O Congreso celebraráse do 24 ao 26 de outubro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

A Federación de Áridos (FDA), que representa os intereses das empresas produtoras de áridos de España, tanto no ámbito nacional, como no internacional e da que ARIGAL, ANEFA, o Gremi d’Àrids de Catalunya e ARIVAL son membros, organiza, co apoio da Xunta de Galicia, o V Congreso Nacional de Áridos.

O Congreso, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, entre os días 24 e 26 de outubro de 2018, foi presentado hoxe aos medios de comunicación, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Parador de Santiago de Compostela.

O presidente do Comité Organizador, da Federación de Áridos e de ARIGAL, José Lista Tasende, valorou este encontro, que se celebra cada tres anos, como un foro indispensable para o diálogo e a análise dos problemas do sector, coa participación activa da Administración. O lema do Congreso “Comprometidos coa Sociedade” define ben ás claras a aposta deste sector extractivo por potenciar todos os aspectos económicos, sociais e ambientais que crean valor engadido para os cidadáns. O director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces, ademais de destacar o compromiso da Xunta de Galicia co sector e co Congreso – que será unha ocasión excepcional para impulsar a súa mellora continua –, resaltou a importancia da industria extractiva dos áridos como elemento crave para o desenvolvemento local, integrando adecuadamente, os principios do desenvolvemento sustentable.

Pola súa banda, a directora de promoción de Turismo de Galicia, María del Carmen Pita Urgoiti, sinalou a aposta da Xunta de Galicia polos eventos empresariais e profesionais, como complemento imprescindible á actividade turística máis tradicional, no marco incomparable de Galicia e Santiago de Compostela. Neste sentido, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, Marta Lois González, dixo que as datas deste congreso son moi acertadas “xa que buscamos desestacionalizar o turismo. Desde o Concello de Santiago ofrecémosvos todo o apoio institucional necesario para o éxito do evento”.

O director xeral da Federación de Áridos, César Luaces Frades expuxo os detalles preliminares do Congreso que reunirá a unhas 700 persoas, a maioría deles, empresarios técnicos desta industria, así como a un destacado cadro de persoal de personalidades das administracións competentes en Minas, Medio Ambiente e Infraestruturas, do mundo académico e de institucións de ámbito nacional e internacional. Neste sentido, como nos catro congresos anteriores, está prevista a participación de representantes empresariais duns 20 países, polo que esta edición terá unha importante repercusión internacional. 

As numerosas sesións técnicas e mesas redondas programadas abordarán todos os aspectos estratéxicos da industria, desde as cuestións técnicas, de calidade de produción e de produto, de medio ambiente e, en particular, de biodiversidade, de economía circular, de seguridade e saúde, de imaxe e comunicación, así como de xestión empresarial e económica. Así mesmo, a industria dos áridos busca prepararse para a esperada reactivación económica e converxer, sosteniblemente, con Europa.

O Congreso conta cunha exposición técnica e comercial moi relevante, onde as empresas fabricantes de equipos, instalacións, así como as provedoras de servizos poderán expoñer as últimas novidades tecnolóxicas e os últimos avances que permitirán progresar ao sector cara á vangarda da industria do século XXI. Tal e como sucedeu en todas as edicións anteriores, programáronse numerosos actos paralelos, como a reunión dos representantes do sector cos directores xerais de Minería e de Medio Ambiente que asistan ao Congreso, a Asemblea Xeral da Federación Iberoamericana de Produtores de Áridos, a entrega dos Premios Nacionais de Desenvolvemento Sustentable, visitas técnicas, entre outros.

Para terminar, Jaime Puig i Canal, secretario xeral da Federación de Áridos, abordou os obxectivos principais do Congreso, entre os que destacan, demostrar á sociedade a importancia estratéxica da actividade de produción de áridos, potenciar a sustentabilidade do sector, mostrar os últimos avances e innovacións en torno ao sector e explicar á sociedade á necesidade dos áridos e a importancia de adoptar medidas para garantir o acceso sustentable aos recursos. www.congresoaridos.com é a páxina web do V Congreso Nacional de Áridos onde, ademais de poder obter a información máis actualizada sobre o evento, é posible formalizar a inscrición online, acreditacións de prensa e acceder á información de última hora.

31/01/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Minera de Rocas, SL
Minera de Rocas, SL
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web