Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 16.Julio.2018


O sector mineiro galego abordou as novidades da lei de implantación empresarial

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia convocou o sector mineiro galego o pasado 20 de marzo en Santiago para abordar o novo marco normativo que representa a Lei de implantación empresarial, en especial no que se refire ás garantías para a rehabilitación de espazos mineiros. Máis de 70 persoas asistiron ao encontro, organizado co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a colaboración da correduría de seguros Peris Iberia.

O presidente da Cámara, D. Juan de Dios Martín Aparicio, abriu a xornada cunha intervención na que afirmou que a minaría galega busca garantir restauracións ao servizo da sociedade. Martín Aparicio sinalou a restauración como un “feito ineludible que pode e debe repercutir na mellora da poboación das localidades mineiras”. A xeración de espazos de lecer, de masas de auga para o abastecemento ou de hábitats de gran valor ambiental son só algunhas posibilidades, engadiu.

Para o presidente da Cámara, “o recurso mineiro é un ben público, de todos, porque o seu aproveitamento é un beneficio para todos”. Neste sentido, destacou a responsabilidade do sector extractivo galego de garantir a posta en valor dos espazos mineiros máis aló da vida da mina, cunha restauración que favoreza o seu uso ao servizo da poboación. Na súa opinión, a nova Lei de implantación empresarial contribuirá de xeito decisivo neste obxectivo.

TRAMITACIÓN DE DEREITOS

Tras a apertura, o director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López González, abordou as novidades introducidas polo novo marco normativo na Lei da Minaría de Galicia canto á tramitación dos dereitos mineiros.

Segundo indicou, un dos obxectivos das modificacións é a axilización na implantación e cese das actividades extractivas, así como a desafección do solo ocupado. Para conseguilo, implántanse o procedemento integrado, o informe único e concursos automáticos individuais. Búscase tamén garantir a compatibilidade ambiental e a integración territorial, así como a confidencialidade.

A continuación, o asesor xurídico da Cámara, D. Julio César Valle Feijóo, afondou na obriga de restauración dos espazos mineiros. Na súa intervención, insistiu no carácter pioneiro da lexislación española e galega en materia de restauración mineira e explicou como a Lei de implantación empresarial permite flexibilizar e ampliar as posibles formas de garantías para paliar a afección da “grave crise económica, tanto ás empresas coma ás entidades financeiras”.

Pola súa banda, as rexistradoras da propiedade de Mondoñedo, Dna. Noemí Sarai Alcobendas Delgado, e de Sarria-Becerreá, Dna. María Cristina González Pereda, achegáronlles aos asistentes ao encontro as posibles figuras de garantía de obriga da restauración, como hipotecas ou seguros.

SEGURO DE CAUCIÓN

A situación do seguro de caución ante as garantías financeiras foi abordada por D. Miguel Ángel Peris, de Peris Iberia, quen explicou as vantaxes desta fórmula, como aumentar a capacidade financeira das empresas, diminuír os pasivos ou reducir custos. Para o experto, o seguro de caución representa novas oportunidades para as empresas, xa que contribúe a mellorar a súa capacidade crediticia e a mobilizar recursos a prol de instalacións máis eficaces e responsables fronte á sociedade.

As intervencións pecháronse co xefe do Servizo de Tesourería da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma, D. José Antonio González Araújo, quen foi debullando os diferentes tipos de garantías: en efectivo, avais, seguros de caución e valores.

CHAMAMENTO Á UNIDADE

Finalmente, o director xeral de Enerxía e Minas, D. Ángel Bernardo Tahoces, clausurou o encontro cun chamamento á unidade do sector para vencer o rexeitamento social cara á actividade extractiva. Na súa opinión, a esixencia de inmediatez por parte da sociedade, especialmente nas restauracións, e os erros cometidos pola minaría no pasado xeran desconfianza, a pesar de ter unha lexislación ambiental pioneira, un intenso nivel de intervención por parte da Administración e a obriga de constituír garantías financeiras.

“Temos a obriga sagrada de defender o propio”, afirmou o director xeral ao tempo que incidiu en que todos “somos un”, en alusión á necesidade de que os subsectores mineiros unan forzas. Para D. Ángel Bernardo Tahoces, o sector ten a obriga económica, social e legal de poñer en valor a riqueza xeolóxica do país, polo que convidou “a unirse para defender o noso”.

21/03/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba
CONTENIDOS RELACIONADOS
ir arriba


Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarcasa, Pizarras Castrelos, S.A.
Pizarcasa, Pizarras Castrelos, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.04
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web