Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


O sector mineiro de Galicia presenta a marca ‘Minaría Sostible de Galicia’

enviar a un amigo
  • O acto contou coa intervención de D. Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria: “A plataforma Minaría Sostible de Galicia é clave para avanzar na innovación do sector con mellores prácticas derivadas da Industria 4.0.”
  • Diego López, director da Cámara Mineira de Galicia: “A minaría está en perigo e Galicia necesita á súa minaría”.


O 12 de febreiro de 2019 o sector mineiro de Galicia presentou na Cidade da Cultura as súas propostas de divulgación e promoción recollidas baixo o selo Minaría Sostible de Galicia. Trátase dunha iniciativa sen precedentes que responde ao compromiso social que ten a minaría como industria que opera directamente no medio rural galego e que ten un valor capital para a economía da comunidade, cunha achega do 0,7% (416 millóns de euros) ao PIB galego e que representa o 1% do emprego total da comunidade (11.200 postos de traballo), segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O evento acolleu a máis de cen asistentes pertencentes a empresas mineiras e relacionadas coa actividade extractiva, que son estratéxicas para a economía da nosa comunidade e que dependen directamente dos recursos minerais.

A marca Minaría Sostible de Galicia nace a raíz dunha iniciativa da Cámara Mineira de Galicia da que tamén participan os seguintes grupos:

  • Clúster da Pizarra de Galicia
  • Clúster do Granito de Galicia
  • Asociación Galega de Áridos (Arigal)
  • Asociación Galega da Propiedade Balnearia
  • Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural
  • Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal
  • Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense
  • Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía (Universidade de Vigo)
  • Colexio Oficial de Xeólogos
  • Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste
  • Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia

O director da COMG, Diego López explicou a creación desta marca como resposta a “unha campaña de mitos e desinformación que se leva producindo durante anos contra o sector mineiro en Galicia”. López destacou as iniciativas impulsadas polo sector mineiro de cara a transparentar tanto as prácticas que se levan a cabo en canteiras coma o papel que realmente ten este sector na sociedade con campañas como visitas a canteiras, o Día da Ciencia na Rúa (na Coruña), o Congreso Nacional de Áridos 2018 (Santiago) ou a campaña para colexios. López tamén destacou a labor fundamental das universidades e dos centros tecnolóxicos para mellorar as prácticas do sector. Por último, deu unha chamada de atención recordando que a minaría será fundamental nos próximos anos, recordando que o 70% da industria europea depende deste sector e que os minerais son necesarios para as enerxías renovables e tamén para a fabricación de vehículos eléctricos. “A minaría está en perigo e Galicia necesita á súa minaría”

O acto contou coa presenza de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria; que quixo salientar o motor económico que supón a minaría para Galicia, que se sitúa como líder mundial en producións e exportacións de lousa e onde se produce o 41% de rochas ornamentais de España. “A minaría non só é a base da construción, senón que ten impacto directo en sectores fundamentais como a alimentación ou a automoción”, apuntou Conde. Asimesmo destacou que a minaría é un sector de pequenas explotacións formado por pemes de capital galego, onde o 97% das explotacións son galegas, con xeracións enteiras adicadas á explotación mineira. En relación con isto quixo destacar que este selo galego debe ser un impulso para continuar comprometidos co desenvolvemento e a innovación.

Tamén interviu na presentación Natalia Caparrini, pertencente á Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que situou á minaría no centro dos 17 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU para 2030. “Hai que romper esa falsa afirmación de que minaría e sostible non poden ir na mesma frase”, declarou. “Hai asociacicións e iniciativas, e sobre todo datos que avalan a minaría sostible de Galicia, que en cuestións de contaminación atmosférica só é responsable do 0,3% dos gases de efecto invernadoiro”.

Pola súa parte, Pablo Núñez, Delegado do Colexio Oficial de Xeólogos, definiu a marca Minaría Sostible de Galicia como unha plataforma de encontro: “Somos empresa, profesionais e coñecemento, un lugar onde impulsar as boas prácticas e recuperar o prestixio social”. Núñez destacou que parte do seu traballo como mineiros debe ser achegar información de fontes contrastadas e datos comprobados.

Máis información: https://minariasostible.gal

13/02/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U.
Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web