Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 24.Abril.2019


O sector do granito e a spinf-off da USC, Intera, alcanzan un acordo para o estudo do radón

enviar a un amigo
  • A alianza permite tanto ao Clúster como ao Centro Tecnolóxico do Granito reforzar o seu coñecemento sobre o radón e o seu efecto no uso da pedra
  • INTERA será a empresa de referencia sobre radón para o sector graniteiro


O Cluster do Granito e o Centro Tecnolóxico do Granito asinan con INTERA, a spin-off da USC para a medición e mitigación do radón en interiores, un convenio de colaboración para unir esforzos respecto ao gas radón e o que implica este elemento no uso da pedra.

O obxectivo principal deste convenio é establecer un marco de colaboración entre o sector do granito e a entidade de referencia en Galicia para o estudo do radón.

En palabras de Elena González, xerente de INTERA, esta alianza permite ao sector do granito dispor de datos e transparencia nas análises de radón para aclarar a confusión habitual con relación a este gas e o granito. Por iso brindaráselle aos profesionais do sector graniteiro e aos seus clientes o coñecemento e o apoio técnico como expertos acreditados neste tema.

O convenio terá unha vixencia de dous anos e alcanza 6 liñas de actuación:
a) Planificación e medicións de concentración de radón en edificacións públicas e privadas.
b) Solucións técnicas construtivas para edificacións que precisen reducir os seus niveis de radón.
c) Monitorizacións de radón en lugares de traballo do sector da pedra natural.
d) Divulgación e difusión de contidos relacionados co radón.
e) Formación técnica específica en materia de radiacións ionizantes ao persoal técnico do Centro Tecnolóxico do Granito.
f) Participación en proxectos de innovación acudindo conxuntamente a convocatorias nacionais e europeas, tanto con INTERA, como co Laboratorio de Análise de Radiacións dá USC.

O presidente do Cluster do Granito, Javier Branco Silva indica que “esta alianza permitirá profundar e consolidar información técnica contrastada. A partir disto, poderanse ratificar os datos dos que xa se dispón sobre o feito de que o granito non exhala radón de forma relevante para a saúde”.

O Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia, centro de apoio á innovación do sector graniteiro e entidade asinante do convenio, resalta a importancia do convenio. Para o Coordinador do Centro Tecnolóxico do Granito, José Ángel Lorenzo, "a nosa misión é achegar coñecemento sobre o noso material e sobre as pedras naturais en xeral. Por iso, dispor de información técnica e científica contrastada que achegue coñecemento e permita explicar aos prescriptores e á sociedade que o granito é un material completamente seguro nas súas utilizacións arquitectónicas e decorativas é fundamental. E con este acordo cos mellores expertos na materia, teremos o coñecemento para iso".

Segundo manifestou a responsable da LAREIRA (Laboratorio de Análise de Radiacións da facultade de física de partículas da USC), Dolores Cortina, “o problema é o subsolo granítico desestructurado dominante en Galicia, que permite a mobilidade do gas cara ao exterior. Esta situación non ten nada que ver co granito que se dedica á construción ou decoración que non destaca por unha exhalación de radón maior en termos absolutos que outro material construtivo ou de decoración. 

19/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web