Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 19.Enero.2019


O Museo Xeolóxico de Quiroga ampliarase, e divulgará o patrimonio mineiro

enviar a un amigo

 

 

  

A Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra Courel aprobou a concesión de axudas económicas, financiadas polo programa Leader 14-20, a un total de 34 proxectos.

Entre eles, atópanse dous iniciativas relacionadas co xeoparque Montañas do Courel, que recibirán un total de 86.207 € de fondos europeos.

Por unha banda, destinaranse 22.500 euros á creación do centro de interpretación das covas de Folgoso do Courel, en Meiraos, e por outra se ampliará o museo de Quiroga.

Ampliación do museo xeolóxico

O Concello de Quiroga contará con 63.707 euros para as obras de ampliación do museo xeolóxico municipal, a executar entre 2018 e 2019.

Este centro cultural aberto en 2011 quedouse pequeno, polo que se habilitarán tres novas salas: unha para patrimonio mineiro, outra dedicada ao paleoclima de Galicia, e a última para albergar os restos de Elba, a muller que viviu en Courel uns 10.000 anos atrás.

Minaría, da prehistoria ao presente

A sala de Patrimonio Mineiro dará a coñecer os minerais que se explotaron desde a antigüidade nas montañas de Courel, como ferro, cobre, galena, antimonita, cal e lousa; e os métodos de explotación que se usaban. Ademais dos paneis informativos, haberá vitrinas con mostras de minerais.

A información sobre visitas e contidos do museo, así como da xeoloxía e minaría da zona está dispoñible en http://museoxeoloxicoquiroga.blogspot.com

 

14/11/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Balneario de Arteixo
Balneario de Arteixo
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web