Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


O IGE publica un estudo estatístico sobre o sector mineiro

enviar a un amigo

O pasado 29 de xaneiro, o Instituto Galego de Estatística (IGE) presentou o informe “Análise da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos”, enmarcado na liña de actividades de interese estatístico (AIE13) Análise estatística de sectores produtivos e da estrutura económica en xeral, recollida no Programa estatístico da comunidade autónoma de 2018. A información que aportan obtense da estatística pública, principalmente da producida na Comunidade Autónoma de Galicia, en particular da estatística económica de síntese elaborada e difundida polo Instituto Galego de Estatística.

O documento estrutúrase en seis bloques que rematan cun apartado de conclusións. No primeiro capítulo preséntase ao sector e faise unha definición das actividades obxecto de estudo consonte os estándares utilizados nas publicacións do IGE, fundamentalmente as estatísticas do Sistema de contas económicas. O segundo bloque inclúe a cuantificación da achega do sector ao Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade, a descrición da súa evolución nos últimos anos e unha serie de indicadores que teñen por obxectivo afondar no coñecemento do sector.

O terceiro capítulo trata a dimensión territorial do sector. Analízase como se insire o sector da minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos galego no contexto estatal, e tamén a distribución da actividade dentro do territorio galego e a relevancia desta en cada economía comarcal. O cuarto capítulo fai unha comparativa internacional, analizando o sector nas economías europeas fronte á realidade galega.

Na quinta sección abórdase unha análise das relacións intersectoriais do sector na economía galega a través dunha metodoloxía que permite estimar os efectos directos e indirectos no sector, o grao de integración na economía galega e os efectos sobre o emprego. Por último, no sexto capítulo trátase o comercio exterior de produtos da minaría e produtos industriais derivados.

Conclusións máis destacadas

No ano 2016 o sector ‘minaría e fabricación de produtos minerais non metálicos’ achegou o 0,7% do produto interior bruto (PIB) da economía galega, 419 millóns de euros. Os postos de traballo ascenderon a 11.211, o que supón un 1,0 % do emprego total. O sector representa o 4,3 % do valor engadido xerado dentro do sector industrial e enerxético galego.

A composición interna do sector pon de manifesto que as actividades de transformación industrial (R23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos) son as que predominan, especialmente en termos de emprego. Nun contexto actual de terciarización das economías, o sector representa o 4,3 % do valor engadido xerado dentro do sector industrial e enerxético galego.

Dentro da industria extractiva, Galicia destaca pola obtención de produtos de canteira e rochas ornamentais, sendo a lousa e o granito os principais produtos. Así, no ano 2016 a nosa comunidade aportou o 41 % das rocas ornamentais do conxunto estatal.

A industria extractiva e a de fabricación doutros produtos minerais non metálicos identifícanse como sectores básicos na economía galega. Isto é, son sectores subministradores de inputs para outras ramas de actividade da economía, principalmente a construción, e que por tanto, teñen fortes encadeamentos cara a diante. Isto, unido á que o sector ten presenza en practicamente todas as comarcas de Galicia, fai que sexa estratéxico para o desenvolvemento económico, e a fixación de emprego e poboación no rural.

11/02/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras Lomba, S.L.
Pizarras Lomba, S.L.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web