Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 16.Agosto.2018


O director da COMG abordou a realidade do sector mineiro na asemblea de Arigal

enviar a un amigo

O director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López, interveu no acto de presentación da Memoria 2017 da Asociación Galega de Áridos (Arigal), desenvolvido o pasado 20 de abril en Santiago no marco da asemblea anual da entidade membro. Na súa exposición fíxose un repaso pola realidade do sector mineiro en Galicia en contraposición cos argumentos que esgrimen determinados colectivos contra a minaría.

Así, fronte á imaxe anacrónica e decadente que están a transmitir da actividade extractiva, D. Diego López sinalou a relevancia dos recursos mineiros como elementos imprescindibles en todos os avances tecnolóxicos e o forte incremento que está a rexistrar a súa demanda para abastecer a industria. Nesta liña, referiuse á Iniciativa Europea de Materias Primas, que alerta sobre a forte dependencia comunitaria de terceiros países para o abastecemento de minerais e da dificultade para acceder aos recursos propios.

Por outra banda, fronte aos argumentos de que a minaría é terceiromundista, o director insistiu no vínculo coas sociedades desenvolvidas e mostrou o ranking mundial de produción mineira. Segundo esta listaxe, os Estados Unidos, Canadá e a Unión Europea (UE) xunto coa Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA) figuran entre os dez primeiros postos como produtores de minerais metálicos, industriais e enerxéticos. Así mesmo, lideran o ranking dos lugares máis interesantes para investir en minaría, xunto con Australia.

Empresariado local e comprometido

Con respecto á idea de colonialismo, tamén utilizada como ataque á actividade extractiva, na presentación destacouse o carácter local e comprometido do empresariado, xa que o 95,16% dos titulares dos dereitos mineiros teñen a súa sede social en Galicia e o 97% son Pemes.

Resaltouse tamén a forte regulación e ordenación á que está suxeita a minaría, fronte á falsa cualificación de “esquilmadora”. Canto á seguridade, D. Diego López mostrou os índices de sinistralidade, que sitúan a minaría como o sector no que se produciu un maior descenso entre 2008 e 2011.

Por outra banda, en contraposición ao argumento da minaría como altamente contaminante, o director da Cámara expuxo datos da Consellería de Medio Ambiente que sitúan os produtos minerais como un dos procesos industriais que menos emisión de gases de efecto invernadoiro producen.

En canto á contaminación das augas, sinalou que a minaría é unha das actividades menos contaminantes, segundo os datos das confederacións hidrográficas con competencias en Galicia. Ademais, referiuse á existencia de 59 explotacións activas en espazos que posteriormente foron incluídos en Rede Natura.

Integración territorial

O director da COMG insistiu na integración territorial da actividade extractiva, fronte á idea de que causa unha degradación permanente do medio. Nesta liña, salientou diversos casos de restauración que permitiron recuperar e mesmo mellorar antigos espazos mineiros, dándolles novos usos como recreativo, agropecuario, industrial ou de abastecemento de auga, entre outros.

Como peche, D. Diego López falou da minaría como oportunidade para Galicia, así como do carácter sostible da actividade e do beneficio público que representa. Para o director, o desprestixio social implica restricións ao desenvolvemento so sector e fixo un chamamento a apostar pola comunicación para incrementar a aceptación social. 

20/04/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Minera de Rocas, SL
Minera de Rocas, SL
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web