Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 16.Agosto.2018


O conselleiro de Industria insiste no compromiso da Xunta coa minaría

enviar a un amigo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, insistiu no compromiso da Xunta coa defensa da minaría e do sector mineiro en Galicia. Así o fixo na súa intervención parlamentaria do pasado 11 de abril para darlle resposta a unha pregunta do grupo de En Marea baseada en diversas denuncias de falta de información sobre as canteiras de Valdeorras, a mina de San Fins ou a de Touro.

Ante as acusacións de En Marea de desleixo por parte da Xunta ante "a contaminación da actividade mineira" e de incumprir a obriga de protección ambiental e “deixar facer as empresas”, o conselleiro afirmou que o Goberno está a aplicar a Lei da Minaría de 2008, "aprobada polo bipartito e da que agora vostedes non se fían e queren poñer en cuestión".

Acoso e derribo

D. Francisco Conde afirmou non entender a estratexia de acoso e derribo da actividade mineira que está a desenvolver En Marea, quen semella querer trasladar unha "emenda á totalidade" ó labor mineiro. Ademais, acusou a este grupo de estar en contra da xeración de riqueza en Galicia "aproveitando os nosos recursos autóctonos” e dun sector “do que viven 5.000 familias e no que hai preto de 300 empresas que desenvolven a súa actividade conforme á lei".

O conselleiro referiuse tamén ao grave feito de non recoñecer o traballo dos funcionarios no seu labor de seguimento aplicando a lei.

Ante a mención por parte de En Marea de denuncias pola falta de información sobre as canteiras de Valdeorras, a mina de San Fins ou a de Touro, D. Francisco Conde dixo tampouco entender a estratexia de intentar confundir o acceso á información co control da actividade mineira, así como a intencionalidade de confundir a admisión a trámite da información cunha sentenza.

Minaría en positivo

“Xa estamos en contacto coa Valedora do Pobo e trasladámoslle toda a información sobre Valdeorras; o labor mineiro de San Fins está paralizado e en Touro hai abertos dous expedientes sancionadores sobre a actividade da empresa”."Deberían deixar o relato en negro de Galicia e comezar a falar en positivo da minaría, da riqueza que achega e do emprego que xera", engadiu.

O conselleiro insistiu en que, fronte á postura de vetar a minaría en Galicia, “nós cremos na minaría sostible do século XXI mentres vostedes están ancorados na minaría do século XX". E finalizou asegurando “ seguiremos a traballar coa máxima transparencia defendendo a minaría e o sector mineiro”.

Na mediateca do Parlamento pódese ver a intervención completa (a partir da hora 4:26).

 

12/04/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Arias Hermanos Construcciones, S.A.
Arias Hermanos Construcciones, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web