Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 17.Diciembre.2018


Nova Comisión do Patrimonio e Historia Xeolóxico Mineira

enviar a un amigo

A Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia aprobou, na súa reunión do pasado 25 de xaneiro, a constitución da Comisión do Patrimonio e Historia Xeolóxico Mineira. Trátase dun grupo de traballo formado por membros dos distintos subsectores que integran a Cámara e cuxa misión será defender e pór en valor tanto a historia como o patrimonio xeolóxico e mineiro de Galicia, desde a Prehistoria ata o presente.

Este novo grupo de traballo, cun marcado carácter cultural, empezou a xestarse por acordo da Xunta Directiva a finais de 2017, cando se abriu un prazo para que aqueles membros interesados en formar parte da Comisión se presentasen voluntarios.

Está constituída por representantes da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, a Asociación Galega de Áridos (Arigal), a Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense, o Ilustre Colegio de Geólogos, a empresa Caolines de Vimianzo e a COMG. O coordinador, encargado de establecer os obxectivos e coordinar as actuacións da Comisión, é D. Roberto Almuíña (Arigal).

Desde a propia Comisión queren deixar claramente establecido que está aberta á participación de todas aquelas persoas e institucións interesadas no patrimonio e a historia xeolóxico-mineiro e a todos aqueles que dispoñan de información, arquivos, publicacións, maquinaria ou instalacións susceptibles de ser conservadas como testemuñas do noso pasado.

Obxectivos e primeiras actuacións

O pasado 15 de febreiro tivo lugar a primeira reunión da Comisión do Patrimonio e Historia Xeolóxico Mineira, para establecer as liñas de traballo e a planificación das actuacións que se desenvolverán en 2018.

Segundo acordouse neste encontro, o primeiro paso será pór en orde e estruturar o coñecemento xa existente sobre a historia da minaría en Galicia, que é amplo, pero pouco coñecido polo público xeral, e ademais está moi disperso. Posteriormente, traballarase para potenciar o uso deste patrimonio mineiro galego como un recurso educativo, turístico e cultural, e para achegar á sociedade galega o importantísimo acervo cultural mineiro de Galicia.

Para a execución destas liñas de traballo buscarase a colaboración do Instituto Geológico y Minero de España (IGME) e doutras institucións e asociacións dedicadas ao estudo e defensa do patrimonio mineiro de Galicia, así como dos municipios mineiros galegos.

Ademais, promoveranse estudos sobre a historia e o patrimonio xeolóxico mineiro de Galicia e o coñecemento e conservación de antigas instalacións mineiras e fabrís asociadas á minaría. A Comisión tamén apoiará aos xeoparques e a calquera museo ou centro que dispoña de coleccións minerais na Comunidade Autónoma galega, entre outras accións.

20/02/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Magnesitas de Rubián, S.A.
Magnesitas de Rubián, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web