Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Meis terá un parque acuático nunha antiga canteira

enviar a un amigo
  • Os parques acuáticos son un importante imán turístico en época estival
  • En España hai máis de medio centenar de parques acuáticos, pero no Noroeste só funciona o de Cerceda


Unha antiga canteira que deixou de explotarse hai 40 anos no lugar de Penente (Meis) acollerá o Parque da Auga, a infraestrutura de lecer máis importante prevista en Galicia para 2019.

 Coa cesión de 70.000 m2, a comunidade de montes de San Vicente de Nogueira non só aforrará os custos de eliminación de maleza da zona -uns 6.000 euros anuais-, senón que ingresará 20.000 anuais durante os próximos 29 anos polo arrendamento de todo o terreo.

As grandes pedras que hai na área da antiga canteira, e que supuñan un prexuízo para os comuneiros á hora de levar a cabo os traballos de mantemento da contorna, serán aproveitadas pola promotora do aquapark como decoración. Así mesmo, os tobogáns colocaranse aproveitando o desnivel que quedou tras a explotación de granito.

Ademais da construción do parque en si, o proxecto contempla tamén a mellora dos viarios de acceso á zona, a creación dun carreiro peonil paralelo á calzada, a construción dun aparcadoiro con capacidade para 1.200 vehículos e rotondas para mellorar a fluidez da circulación.

O período de exposición pública do proxecto de urbanización desta área finalizou no principio do ano con poucas alegacións, ningunha delas significativa, e espérase que estea a funcionar no verán de 2019.

Un parque de grandes dimensións

O parque acuático de Meis será o dobre de grande que os de Cerceda (A Coruña) e Amarante (Portugal), e seguramente superará en superficie ao que está proxectado en Monterrei (Ourense).

O proxecto de urbanización prevé que as instalacións recreativas ocupen uns 70.000 metros cadrados e outros 15.000 serán destinados ao estacionamento de vehículos para satisfacer as necesidades dá as 5.000 persoas que se estiman como capacidade media.

En todo ese espazo terán cabida un gran número de atraccións, todas elas de alto nivel en canto a calidade, seguridade e tecnoloxía. Os promotores destacan a presenza dunha quincena de tobogáns, unha piscina infantil e unha piscina de ondas de grandes dimensións. Esta última, que triplicará en tamaño á de Cerceda, será unha das grandes atraccións do parque.

Integración na contorna

A empresa construtora anunciou que o proxecto está planificado para integrar as instalacións na contorna. Teñen previsto talar os piñeiros e os eucaliptos da zona, deixando só as especies autóctonas, como carballos, sobreiras ou loureiros; e tamén usar as cores do bosque circundante nas atraccións.

O proxecto conta co apoio dos veciños e do Concello de Meis, que ve no proxecto unha gran oportunidade para dinamizar a economía local, atraendo máis visitantes á comarca. Máis aínda, desde o Concello están convencidos de que axudará a fixar poboación, grazas aos 70 novos empregos previstos, aos que optarán prioritariamente os veciños da parroquia, e, en segundo lugar, os de Meis. Durante 2019 organizarán cursos para formar socorristas, monitores e outras especialidades que poidan necesitar os promotores. 

25/01/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Golder Associates
Golder Associates
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.12
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web