Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 15.Agosto.2018


Galicia sumouse ao Xeolodía con percorridos polo Barbanza, O Careón, Valdeorras e O Morrazo

enviar a un amigo

Galicia sumouse os pasados 12 e 13 de maio á celebración do Xeolodía, un evento promovido pola Sociedad Geológica de España para achegarlle o contorno á poboación desde un punto de vista xeolóxico. Trátase así de facilitar o entendemento dos procesos desta ciencia, así como o coñecemento e valoración do patrimonio existente.

No marco da celebración organizáronse en España diversos percorridos divulgativos da man de profesionais da Xeoloxía que, no caso de Galicia, se desenvolveron nas serras do Barbanza e do Careón, en Valdeorras e no Morrazo.

No Barbanza, co itinerario "Un paseo polas profundidades dunha cordilleira", D. José Francisco Canosa e D. Roi Sampedro guiaron os asistentes pola Pobra do Caramiñal e Ribeira, con paradas en seis puntos de interese xeolóxico: A Ameixida, o miradoiro Pedra da Ra, Corrubedo, A Curotiña, o Alto dos Curros e as pozas do río Pedras. A visita ás minas de San Finx, en Lousame, púxolle o colofón á actividade.

Outra das rutas deseñadas para o Xeolodía centrouse na Serra do Careón, situada na fronteira entre as provincias de Lugo e da Coruña. O itinerario "A ofiolita do Careón, un océano varado no centro de Galicia", a cargo de Dna. Sonia Sánchez e D. Ricardo Arenas, permitiulles aos asistentes coñecer uns conxuntos litolóxicos complexos que, ata o de agora, quedaran á marxe da divulgación científica e eran só accesibles aos especialistas.

Valdeorras e O Morrazo

En Ourense, con "Xeoloxía e hábitat en Valdeorras: desde os romanos ata hoxe", as persoas participantes no Xeolodía, guiados por D. Eduardo González, afondaron nos corrementos de ladeiras no santuario das Ermitas, no Bolo, e nas minas de ouro romanas do Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Tamén coñeceron as características dos penedos de Oulego, en Rubiá, e, neste mesmo lugar, o encabalgamento de esquistos sobre a calcaria.

Finalmente, na península pontevedresa do Morrazo, D. Juan Ramón Vidal Romaní e D. Marcos Vaqueiro deseñaron un itinerario pola ría de Aldán, co título "Formación da ría e adaptación da especie humana ao cambio de hábitat". Nun percorrido circular, os asistentes puideron apreciar os tafoni ou cacholas formados na zona e o sistema de covas da Cunchosa.
 

13/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Asociación Galega de Áridos
Asociación Galega de Áridos
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web