Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de Usuarios
Viernes - 18.Mayo.2012

Europa recoñece a minaría como actividade sostible

recomendar  contenido a un amigo
  • A Comisión Europea publicou Extracción mineral non enerxética e Natura 2000, onde se establece que a minaría é compatible coa xestión ambiental.
  • A Cámara Oficial Mineira de Galicia lamenta que a Xunta, coa prohibición da minaría a ceo aberto en Rede Natura, se desmarque dos criterio europeos.

A Coruña, de decembro de 2011.

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) congratúlase do recoñecemento europeo da minaría como actividade sustentable. Así se establece no Documento de Orientación da Comisión Europea Extracción mineral non enerxética e Natura 2000, onde se recolle que a actividade mineira é compatible cunha axeitada xestión ambiental. Neste sentido, a entidade cameral lamenta que a Xunta, coa prohibición total da minaría a ceo aberto nas zonas da Rede Natura, se desmarque dos criterios europeos que si apostan pola compatibilización desta actividade coa protección do medio.

O prólogo de Extracción mineral non enerxética e Natura 2000 está asinado polo comisario europeo de Medio Ambiente, Janez Potocnik, e o vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Industria e de Emprendemento, Antonio Tajani. Ambos comisarios afirman que as directrices recollidas na publicación “mostran como é posible satisfacer as necesidades da industria de extracción evitando os efectos negativos sobre a natureza” e que nelas “se examina tamén como se pode reducir ou mesmo evitar completamente o impacto sobre a natureza e a diversidade”.

Segundo o prólogo, o documento subliña a importancia da planificación estratéxica e da avaliación axeitada das novas actividades. Ademais, as directrices conteñen “moitos exemplos de boas prácticas e mostran como algún proxectos de extracción poden resultar beneficiosos para a biodiversidade ao proporcionar nichos ecolóxicos de gran calidade”, afirman Potocnik e Tajani.

O documento, elaborado en colaboración con expertos, representantes de diferentes sectores da industria, organismos públicos e ONG, ten como obxectivo servir como orientación para garantir a compatibilidade das actividades da industria extractiva non enerxética coas Directivas da Unión Europea sobre hábitats e sobre aves. Así, a través desta publicación, ofrécese unha panorámica da industria de extracción mineral non enerxética e da política de biodiversidade da Unión Europea. Así mesmo, repásase os diferentes impactos desta actividade e propóñense vías para integrala nos espazos incluídos na Rede Natura, entre outros contidos.

As persoas interesadas en consultar o documento poden consultalo AQUÍ.

EMPRESAS MINEIRAS

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, con sede na cidade da Coruña, representa o sector industrial dos recursos minerais na Comunidade autónoma: empresas mineiras, nas que se inclúen os subsectores das augas minerais embotelladas, os áridos, os balnearios, a cerámica, a minaría enerxética, o granito, a lousa, as rochas industriais e outros. É unha corporación de dereito público fundada no ano 1925 e un órgano consultivo da Administración.

22/12/2011 ir arriba
CONTENIDOS RELACIONADOS
Extracción mineral non enerxética e Natura 2000 
ir arriba

COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Enlaces
Pasek Minerales S.A.
Pasek Minerales S.A.
Banner censo minero
Banner localizador de socios Banner de boletines Banner CIMS09

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v01.99:0.06
GestionMax
Novidades   contacto   Política privacidade   aviso legal   buscador   mapa web