Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 15.Agosto.2018


Inclusión do po de sílice cristalina na directiva de protección contra axentes carcinóxenos

enviar a un amigo

A Unión Europea vén de incluír os “traballos que supoñan exposición ao po respirable de sílice cristalina xerado nun proceso de traballo” na Directiva 2004/37/CE, relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes carcinóxenos ou mutáxenos durante o traballo. Este é un dos cambios que recolle a Directiva 2017/2398 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro de 2017, publicada polo Diario Oficial da Unión Europea o pasado 27 de decembro. O engadido faise no anexo 1 da Directiva 2004/37/CE.

Ademais, establécese un valor límite para o po respirable de sílice cristalina (fracción respirable) de 0,1 mg/m3. A norma publicada indica que existen “probas suficientes de que o po respirable da sílice cristalina é canceríxeno”, polo que procede establecer un valor límite que debe estar suxeito a revisión. Neste sentido, introdúcese o artigo 18 bis, segundo o que a Comisión Europea avaliará “se é necesario modificar o valor límite para o po respirable de sílice cristalina” e proporá as modificacións necesarias.

Guías de boas prácticas

Por outra banda, no texto recoñécense como “instrumentos útiles e necesarios” os exemplos e as guías de boas prácticas elaborados pola Comisión, os Estados membro ou os interlocutores sociais, ou outras iniciativas como o diálogo social “Acordo sobre a protección da saúde dos traballadores a través da axeitada manipulación e o bo uso da sílice cristalina e dos produtos que a conteñen” (ver acordo).

Sinala que estas ferramentas complementan as medidas reguladoras e apoian a aplicación efectiva de valores límite, “polo que debe considerarse seriamente a súa utilización”. Ademais, “inclúen medidas para previr ou minimizar a exposición, como a eliminación con axuda de auga para evitar que o po se esparexa no aire no caso da sílice cristalina respirable”, engade.

Entrada en vigor

Os estados membro teñen como límite o 17 de xaneiro de 2020 para poñer en vigor as disposicións legais, regulamentarias e administrativas necesarias para darlle cumprimento aos cambios que introduce esta nova Directiva. 

08/01/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web