Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 13.Diciembre.2018


ERIMSA presenta un expediente de regulación de emprego

enviar a un amigo
  • Ante a negativa da Xunta a outorgar novas concesións que permitan continuar coa extracción de cuarzo en Mesía, Frades, Oroso e Ordes
  • O centro de produción de Frades verase abocado ao peche definitivo no caso de que continúe a actual situación, o que ocasionará graves prexuízos aos máis de 60 profesionais e ás súas familias cuxo traballo depende da actividade desta planta 


ERIMSA fai un chamamento á Xunta de Galicia para que desbloquee os expedientes en trámite e conceda os novos dereitos mineiros para continuar co seu labor de extracción de cuarzo de forma sostible en XANCEDA (Mesía), Frades, Oroso e Ordes. A compañía viuse obrigada en contra da súa vontade a presentar un Expediente de Regulación de Emprego Temporal, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2019, debido a un esgotamento das reservas actuais.

A dirección de ERIMSA xa lle comunicou ao persoal que, de continuar nesta situación, a planta de Frades verase abocada ao seu peche definitivo, co consecuente prexuízo para os máis de 60 profesionais que, de modo directo e subcontratados, traballan no centro.

ERIMSA lamenta profundamente ter que adoptar esta grave medida, que prexudica a numerosas familias do Concello de Frades, pero a falta de materia prima fai inviable o desenvolvemento da súa actividade con normalidade.

Desde hai máis de 30 anos, traballou nunha área superior a 1.600 hectáreas de terreo da zona en perfecta convivencia con propietarios de terreos, explotacións agrícolas, gandeiras, administracións locais e veciños. A metodoloxía empregada é o sistema de cribado de terreo que, a diferenza doutras técnicas mineiras máis invasivas, resulta completamente respectuoso co medio ambiente, ao preservar a capa vexetal, escavar a unha profundidade de 1,5 metros aproximadamente, extraer unicamente os bolos de cuarzo e, por último, volver depositar a capa vexetal retirada ao comezo do proceso. Así mesmo, o cribado permite devolver os terreos explotados en perfectas condicións aos seus propietarios, mellorando incluso o seu rendemento en moitos dos casos. Así o acreditan os máis de 800 documentos de conformidade asinados por titulares de leiras nas que se extraeu cuarzo.

No seu afán por obter os novos permisos para prorrogar o seu labor na comarca, a compañía cumpriu estritamente cos esixentes requisitos impostos polas consellerías de Medio Ambiente; Medio Rural e Economía, Emprego e Industria. Recentemente, ratificou de novo e de forma oficial a súa renuncia para traballar en terreos cualificados como ecolóxicos; o seu compromiso de advertir aos propietarios de non incluír as parcelas na PAC durante o transcurso da actividade mineira; e o mantemento da produtividade das leiras.

A renuncia pública e expresa ao dereito de expropiación, a pesar de que a lexislación vixente o permite, é outra mostra máis da vontade da compañía de continuar desenvolvendo o seu labor en perfecta harmonía coa contorna aplicando a súa metodoloxía baseada na minaría moderna e sostible.

ERIMSA subliña, ademais, as trabas impostas desde as diferentes consellerías e a demora na resolución de expedientes, algúns dos cales están en trámite desde hai sete anos.

O prexuízo que pode ocasionar o peche do centro de produción de Frades é extensible a todo o sector e ao conxunto da actividade económica de Galicia, que lidera a nivel nacional a produción de cuarzo cun 68% e alcanza o 98% das exportacións.  

03/09/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Aguas de Mondaríz-Fuente del Val, S.A.
Aguas de Mondaríz-Fuente del Val, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.03
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web