Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 15.Noviembre.2018


Erimsa obtén o respaldo do sector á súa minaría moderna e sustentable

enviar a un amigo
  • A Federación Española de Áridos entregará dous primeiros premios no congreso nacional de áridos, do 24 ao 26 de outubro en Santiago de Compostela

 

A filosofía empresarial de Erimsa, baseada nunha minaría moderna e sustentable, vese referendada polos dous primeiros premios, nas categorías de “boas prácticas ambientais” e “seguridade e saúde”, que lle outorgou un xurado independente, composto por profesionais científicos e técnicos, e que recollerá no marco do V Congreso Nacional de Áridos.

Esta cita de referencia internacional, que terá lugar do 24 ao 26 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, está organizada pola Federación Española de Áridos (FDA), a máis representativa da minaría, xunto coas súas asociacións membro, entre as que se atopa a Asociación Galega de Áridos (Arigal).

O máximo recoñecemento na categoría ambiental apoia o labor de extracción de cuarzo que levou a cabo Erimsa en Frades e na comarca de Ordes nas últimas tres décadas. A compañía emprega o sistema do peneirado.

Esta técnica, respectuosa co medio ambiente, posibilita a devolución das leiras aos propietarios en condicións idénticas ou mesmo mellores. Erimsa posúe máis de 800 documentos que acreditan a entrega dos terreos en perfectas condicións aos seus donos, cos que sempre subscribe acordos voluntarios de aluguer.

A compañía considera prioritaria esta metodoloxía, completamente compatible coas actividades económicas tradicionais (agrícola, gandeira e forestal), que ven implementando desde hai máis de 30 anos sen que se rexistraron incidentes.

Por outra banda, a FDA recoñece as medidas adoptadas por Erimsa no seu centro de produción de Castelo (Pontevedra), coas que logrou erradicar a emisión de po de sílice nunha das súas cabinas. Ámbolos proxectos, seleccionados entre propostas remitidas por compañías de 9 comunidades autónomas, foron seleccionados pola FDA para concorrer aos Premios Europeos de Desenvolvemento Sustentable que convoca en 2019 a Unión Europea de Produtores (UEPG).

Estes galardóns súmanse ao 1º Premio de Medio Ambiente FDA e ao certificado europeo á excelencia que obtivo Erimsa polo seu proxecto de recuperación na concesión “Villalba I” (Begonte).

O V Congreso Nacional de Áridos está impulsado pola FDA, que aglutina a preto de 700 compañías nacionais e internacionais e a 1.100 explotacións de áridos. O Rey Felipe VI ostenta a presidencia de honra do Congreso, que este ano se celebra baixo o lema “Comprometidos coa sociedade”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de clausurar a cita, na que se agarda a presenza de numerosas autoridades e personalidades nacionais e internacionais. 

19/10/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Explotaciones Fillaboa, S.L.
Explotaciones Fillaboa, S.L.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web