Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


Enquisa de demanda de formación preventiva para 2017

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia está a planificar cursos de formación preventiva a desenvolver en 2018, financiados polas axudas do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital á prevención de riscos e seguridade mineira, no ámbito dunha minaría sustentable, das actividades mineiras non enerxéticas, convocadas recentemente (BOE 10/11/2017).

Por unha banda, exponse cursos segundo o disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo», e nas seguintes Especificacións Técnicas:

  • 2000-1-08. Formación preventiva para operadores de maquinaria de transporte, camión evolquete, en actividades extractivas de exterior (BOE nº148, 19-6-2008).
  • 2001-1-08. Formación preventiva para operadores de maquinaria de arranque/carga/viarios, pa cargadora e escavadora hidráulica de cadeas, en actividades extractivas de exterior (BOE nº163, 7-7-2008).
  • 2002-1-08. Formación preventiva para operador de arranque/carga e operador de perforación/voadura; picador, barrenista e axudante mineiro, en actividades extractivas de interior (BOE nº259, 27-10-2008).
  • 2003-1-10. Formación preventiva para trabajadores de arranque, investigación e mantemento en exterior. (BOE nº296, 6-12-2010).
  • 2004-1-10. Formación preventiva para traballadores de plantas e oficinas. (BOE nº296, 6-12-2010).

Por outra banda, en base á demanda de formación detectada en anos anteriores, prevese organizar tamén cursos sobre outras cuestións de interese no ámbito da seguridade e saúde, como:

  • Riscos en seguridade (condución e uso seguro de maquinaria móbil; atrapamiento en establecementos de beneficio; condicións do terreo e o seu control; caídas a distinto nivel; manipulación de cargas mediante maquinaria).
  • Riscos hixiénicos e ergonómicos (risco de lesións físicas nos traballadores por posturas forzadas, movementos repetitivos e vibracións; risco por inhalación de sustancias; risco por exposición ao ruído).
  • Formación específica (simulacros de evacuación en caso de emerxencia; primeiros auxilios; uso de autorescatadores; traballos de mantemento e traballos eléctricos)

Tanto a tipoloxía dos cursos como a localización dos centros de impartición definiranse en función das necesidades formativas das empresas. Ao obxecto de coñecer a demanda actual de formación, rogamos que cumprimentes antes do 23 de novembro a seguinte enquisa, remitindo unha por cada centro de traballo distinto: 

Gracias pola súa colaboración.

13/11/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Lista Arenas y Gravas, S.A.
Lista Arenas y Gravas, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web