Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 19.Enero.2019


En elaboración a Guía de Boas Prácticas para a Integración Paisaxística das Actividades Extractivas

enviar a un amigo
  • É froito da colaboración entre a Xunta, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Universidade de Vigo
  • Conterá medidas de integración para todas as fases do ciclo mineiro

02/11/18

O Consello da Xunta de Galicia autorizou a finais de outubro a sinatura dun convenio de colaboración para a redacción da Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas, un instrumento específicos para a xestión da paisaxe recollido na planificación da Estratexia da paisaxe galega 2017-2020. Formará parte da Colección paisaxe galega, integrada por documentos de carácter técnico sobre temáticas concretas que teñen o obxectivo de establecer criterios sobre integración paisaxística en diversos campos de actuación.

A COMG, a Xunta de Galicia -a través do Instituto de Estudos do Territorio e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas- e a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo colaborarán na redacción desta guía, que servirá de ferramenta para compatibilizar minas e paisaxe.

A guía referirase ás medidas de integración paisaxística en explotacións mineiras e extractivas, distinguindo entre as fases ou obxectos principais do proceso. Así, definiranse medidas de integración durante os labores previos e o proceso de investigación; medidas de integración durante o proceso de explotación -incluíndo a selección das zonas de extracción e o método de explotación-; a localización e medidas de integración das instalacións e establecementos; dos residuos mineiros e criterios para o deseño do plan de restauración tras a finalización da explotación.

Estudaranse os diferentes tipos de recursos (rochas ornamentais, minerais, recursos enerxéticos, gravas e areas, auga etc.) para o que se recompilarán solucións empregadas, tanto a nivel autonómico como nacional e internacional, documentando aquelas solucións que teñan acadado mellores resultados no que se refire á integración paisaxística.

Como resultado deste estudo, a guía detallará as solucións que se consideren máis interesantes para a súa aplicación en Galicia, indicando para cada unha o tipo de explotación á que se aplicaría, o tipo de medida (preventiva, correctora, compensatoria) e a descrición das medidas de integración paisaxística.

Ademais, a guía conterá unha relación de medidas de carácter xeral relativas a aspectos comúns a todo tipo de explotación e de recurso, como poden ser os criterios para o acondicionamento de vías de servizo, a elección de especies vexetais, o deseño das instalacións e establecementos de beneficio etc. 

02/11/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Nueva Cerámica Campo
Nueva Cerámica Campo
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web