Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 17.Diciembre.2018


Editada unha guía sobre o xeoparque Montañas do Courel

enviar a un amigo

O xeoparque "Montañas do Courel" conta xa cunha completa guía que informa sobre a riqueza xeolóxica do seu territorio, así como da súa historia e patrimonio, nos que a minaría tivo un papel fundamental. A Cámara Oficial Mineira de Galicia, como membro do Comité Científico do xeoparque, colaborou na publicación, editada pola Asociación "Montañas do Courel".

O título da guía, "As montañas do Courel. Unha xeoloxía moi humana" xa avanza a relevancia histórica da acción do ser humano no singular territorio de O Courel, formado polos municipios de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, onde tivo especial protagonismo a actividade mineira.

Xeoloxía, paisaxe e acción humana

No seu interior, o contido das súas máis de 100 páxinas divídese en tres grandes apartados que explican as fases de formación xeolóxica, paisaxística e de asentamento humano, con espectaculares fotografías e gráficos que axudan a comprender os procesos abordados. Ademais, sinálanse os principais puntos de interese.

Así, en "Érase unha vez" profúndase nas características xeolóxicas de O Courel, nos seus minerais, rochas e fósiles. O segundo apartado, "A creación dunha paisaxe", explica a formación de montañas, ríos, covas e bosques, así como a chegada dos grandes mamíferos.

Finalmente en "E chegou o home para aproveitalo" explica a actividade humana desde a Prehistoria, co aproveitamento dos recursos da zona, especialmente da minaría metálica xa desde a época romana, e a construción das primeiras aldeas coa pedra da contorna.

Divulgación científica

A publicación desta guía enmárcase no traballo de divulgación científica que realiza a asociación "Montañas do Courel" para a promoción do territorio que representa e que aspira a converterse en 2019 en xeoparque mundial da Unesco.  

       

 

10/11/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Novo y Sierra, S.A.
Novo y Sierra, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web