Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 16.Julio.2018


Dispoñible xa nesta web a memoria 2017 da Cámara Oficial Mineira de Galicia

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia vén de publicar a súa Memoria 2017, que está xa dispoñible na súa web corporativa e que se lles entregou aos socios durante a asemblea anual da entidade. Deste xeito, a Cámara achégalle ao público xeral o resumo de todas as accións desenvolvidas o pasado ano a prol do sector mineiro en Galicia.

Como vén sendo habitual, a publicación ábrese coa Carta do Presidente, D. Juan de Dios Martín Aparicio, que nesta edición reproduce o artigo de opinión publicado en La Voz de Galicia o pasado outubro. Nela reivindícase a minaría como símbolo de identidade galega, de modernidade e de compatibilidade ambiental fronte as teses que cuestionan o aproveitamento dos recursos mineiras, xeran alarma e mesmo enfrontamentos mediante informacións parciais e ambiguas.

Sector estratéxico

A continuación, o apartado “Un sector estratéxico” ofrece os datos que demostran a relevancia da minaría na economía galega e incide no seu valor patrimonial e na compatibilidade ambiental. De xeito moi visual, achégaselle tamén ao lector unha explicación das fases da actividade mineira: investigación, aproveitamento e restauración.

A Memoria inclúe ademais unha unha breve presentación da Cámara Oficial Mineira de Galicia, que indica aspectos como as súas funcións, a composición e un resumo das xuntanzas internas mantidas o pasado ano.

Exercicio 2017

O groso da Memoria agrúpase no apartado “Exercicio 2017”, que repasa o labor realizado nos eidos da representación, a defensa e asesoramento, a formación, a divulgación e os servizos e xestión. Xunto cos textos explicativos das principais accións desenvolvidas, estas páxinas recollen fotografías e gráficos ilustrativos do volume de traballo feito o pasado ano, con xuntanzas con diversas institucións, asistencia a eventos, presentación de alegacións e informes ou organización de cursos e xornadas, entre outras iniciativas.

Para dar a coñecer este contido, a Cámara Oficial Mineira de Galicia imprimiu 600 exemplares que distribuirá entre as empresas socias e os representantes das administracións con competencias en minaría e noutros eidos vinculados á actividade extractiva, como o medio ambiente, o territorio ou os riscos laborais.

Tríptico divulgativo

Como complemento da Memoria, a Cámara difundirá tamén un tríptico cos datos do sector e unha presentación da Cámara Oficial Mineira de Galicia e do seu labor. Este elemento divulgativo faráselles chegar a diferentes axentes de relevancia económica e social en Galicia co obxectivo de promover o coñecemento da minaría galega e da entidade que a representa. 

20/03/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba
CONTENIDOS RELACIONADOS
ir arriba


Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cuiña, S.A.
Cuiña, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web