Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 15.Agosto.2018


D. Francisco Conde presidiu a entrega dos Premios Santa Bárbara

enviar a un amigo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, presidiu o pasado 1 de decembro a entrega dos premios Santa Bárbara 2017, xunto co vicepresidente 2º da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Fernando Pla. D. Ambos foron os encargados de darlles os galardóns ao ex – catedrático de Minas D. Enrique Orche pola súa traxectoria e á alcaldesa de Lousame, Dna. Teresa Villaverde, pola comunicación e recuperación das antigas instalacións da mina de San Finx.

O evento reuniu a comunidade mineira nun xantar en Santiago que contou coa presenza de diversas autoridades, como o director xeral de Enerxía e Minas, D.Ángel Bernardo Tahoces, ou a Valedora do Pobo, Dna. Milagros Otero. Xunto a elas compartiron a xornada festiva numerosos representantes dos ámbitos institucional, empresarial e profesional vinculados coa actividade extractiva.

Fortaleza e unión do sector

D. Francisco Conde pechou o acto de entrega co agradecemento e os parabéns á Cámara Oficial Mineira de Galicia polo seu traballo de case un século, “síntoma da fortaleza do sector e da unión para a defensa dos seus intereses”. Deulles tamén os parabéns a D. Enrique Orche, polo seu “compromiso coa defensa do patrimonio e do sector mineiro”, e a Dna. Teresa Villaverde, polo “magnífico proxecto de recuperación que permite divulgar o que significa a minaría” e “pola defensa do que cre e a súa convicción na minaría como fonte de emprego e de riqueza”.

O titular de Economía, Emprego e Industria destacou a longa tradición do sector mineiro como “parte da realidade económica de Galicia”, que a fai líder en balnearios, lousa ou granito e dálle un potencial que merece ser impulsado. Manifestou a súa adhesión ás palabras coas que D. Fernando Pla abría o acto, nas que falaba da minaría como tradición, cultura, innovación benestar, medio ambiente e futuro.

Minaría sustentable e moderna

Para o conselleiro, “esa é a dirección na que hai que traballar xuntos” desde a Administración, o sector e todos os ámbitos de coñecemento, para “seguir impulsando unha minaría que ten que ser sustentable e moderna, e que ten a responsabilidade de pensar no futuro”. D. Francisco Conde asegurou que a Administración seguirá promovendo as oportunidades en Galicia para desenvolver o sector mineiro e os seus novos usos en tecnoloxías, medicina e augas termais.

Nesta liña referiuse á Lei de implantación empresarial, creada para darlles resposta ás necesidades da minaría, e agradeceu a colaboración do sector, tanto na elaboración como na defensa do texto para trasladarlle á sociedade a súa importancia. Segundo indicou, a lei permitiralle á minaría seguir desenvolvendo boas prácticas e sobre todo axilizar trámites, ademais de introducir garantías xurídicas para empresarios e propietarios.

01/12/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Caldaria Termal, S.L.U
Caldaria Termal, S.L.U
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web