Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de Usuarios
Viernes - 18.Mayo.2012

Cursos de formación preventiva por posto de traballo

recomendar  contenido a un amigo
Ficha preinscrición Información cursos    

 

 

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, co apoio do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, está a organizar cursos de formación preventiva por posto de traballo para traballadores do sector mineiro.

Estes cursos axústanse ao disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo», do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, aprobada por Orde ITC/1316/2008, de 7 de maio, e as seguintes Especificacións Técnicas:

  • 2000-1-08. Formación preventiva para o desempeño do posto de operador de maquinaria de transporte, camión e volquete, en actividades extractivas de exterior
  • 2001-1-08. Formación preventiva para o desempeño do posto de operador de maquinaria de arranque/carga/viais, pa cargadora e escavadora hidráulica de cadeas, en actividades extractivas de exterior
  • 2003-1-10. Formación preventiva para o desempeño dos postos de traballo encadrados nos grupos 5.1 letras a), b) ,c) y 5.2 letras a), b), d), f) y h) da Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 (traballadores de arranque, investigación e mantemento en exterior)
  • 2004-1-10. Formación preventiva para o desempeño dos postos de traballo encadrados nos grupos 5.4 letras a), b), c), d), e), f), g), h), j), k), l), m), y 5.5 letras a), b) y d) do apartado 5 da Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 (traballadores de plantas e oficinas)

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar aos traballadores do sector mineiro galego un completo coñecemento dos riscos xerais da actividade que desenvolven e as responsabilidades nas que puidesen incorrer no desempeño dos labores propios de cada posto de traballo, así como unha adecuada capacitación técnica orientada á prevención de riscos.

Esta formación ten carácter habilitante para o desempeño do posto de traballo, polo que a súa realización é obrigatoria e debe renovarse cada 2 ou 4 anos en función de cada posto.

Os cursos desenvolveranse durante os meses de marzo e abril de 2012, coas seguintes características:

Tipo de curso:
Formación en seguridade e saúde laboral. Obrigatorio para o desempeño do posto de traballo.
Modalidade:
Presencial, interactivo.
Prezo/Facilidades:
GRATUÍTO  (financiado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo).
Duración:
20 h/curso.
Organización:
4 días/curso, a razón de 5 h/día, viernes y sábados de dos semanas consecutivas.
Horario:
Venres 16 a 21 h e sábados 9 a 14 h.
Centros e datas:
A determinar en función da demanda.
Alumnos por curso:
Mínimo 15 e máximo 25.
Entidade formadora:
ESM Instituto de Investigación en Seguridad y Factores Humanos, autorizada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para desenvolver e certificar actividades formativas en materia de prevención de riscos.
Material para os alumnos:
Manual, bloc de notas e bolígrafo.
Control e avaliación:
Control diario de asistencia (esíxese unha asistencia continuada do 80%).
Resolución de casos prácticos.
Avaliación final de coñecementos (individual).
Título
Certificado de participación no curso, acreditación que capacita para o desempeño das funcións do posto.
Dirixido a:
Traballadores de explotacións mineiras galegas.

 

Para facilitar o acceso dos traballadores á formación e compatibilizala coa súa actividade laboral, a localización dos centros de impartición definirase en función da demanda. Para iso, ábrese un período de preinscrición do 10 ao 25 de xaneiro, no que as empresas interesadas deberán remitir o formulario adxunto cumprimentado, indicando a localización dos centros de traballo e o número traballadores de cada centro que asistiría a cada tipo de curso.

Posteriormente, a Cámara Mineira contactará coas empresas interesadas para confirmar a data e localización dos cursos de formación.

10/01/2012 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Enlaces
Arias Hermanos Construcciones, S.A.
Arias Hermanos Construcciones, S.A.
Banner censo minero
Banner localizador de socios Banner de boletines Banner CIMS09

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v01.99:0.05
GestionMax
Novidades   contacto   Política privacidade   aviso legal   buscador   mapa web