Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Convocadas as axudas para implantar a responsabilidade social, a igualdade e a conciliación

enviar a un amigo

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu o prazo de solicitudes da convocatoria de 2019 do programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial, a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal (ver DOG 28/1/19).

Preténdese así que a RSE, un concepto polo que a Consellería aposta fortemente, estea cada vez máis presente no tecido empresarial galego; en concreto, cuestións como a igualdade de xénero no ámbito laboral, a corresponsabilidade e a conciliación nos ámbitos laboral, familiar e persoal das persoas traballadoras.

Tres liñas de axudas

Estas axudas para RSE contan cun orzamento total de 1.504.198 euros e estrutúrase en tres liñas:
Liña I: Certificacións de RSE: subvención do 80% dos custos para a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de RSE.

Liña II: Elaboración e implantación de plan de igualdade, tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa.

Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal, a través de incentivos para o fomento do teletraballo, fomento da flexibilidade horaria e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

Requisitos

Estas axudas van dirixidas a pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia. Deben contar con polo menos 6 persoas traballadoras, agás no caso da liña II, que terán que ter un mínimo de 10 persoas traballadoras.

Poderán ser subvencionables as accións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2019, data en que remata tamén o prazo de xustificación das actividades.

Non se concederán axudas a empresas ou grupos empresariais que fosen beneficiarios en anos anteriores polos mesmos conceptos.

Presentación e prazo

As solicitudes das diferentes liñas deberán realizarse por separado e sempre por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de solicitude remata o 14 de marzo de 2019. 

29/01/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Proinor, S.A.
Proinor, S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web