Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 26.Marzo.2019


Cementos Cosmos abre as portas da súa fábrica de Oural a estudantes de Sarria

enviar a un amigo

A fábrica de Cementos Cosmos de Oural recibiu en febreiro a visita de case un centenar de estudantes de secundaria e ciclos formativos de Sarria. Esta iniciativa forma parte das accións que a empresa leva a cabo para dar a coñecer a súa actividade na contorna.

En concreto, a fábrica de Oural recibiu a finais de mes a 70 alumnos do Instituto Gregorio Fernández, que cursan os ciclos formativos de grao medio en Mantemento, Mecanizado e Xestión Administrativa; e de grao superior en Mecatrónica Industrial e Administración e Finanzas.

Persoal técnico da fábrica acompañou aos estudantes na súa visita, na que puideron coñecer de primeira man o sistema de seguridade implantado en Oural, así como o funcionamento xeral da planta. Ademais, quen cursan mantemento, mecanizado e mecatrónica industrial, puideron adentrarse no día a día do departamento de mantemento.

Doutra banda, un grupo de 25 escolares de 3º da ESO do Colexio A Asunción visitaron as instalacións, acompañados por algúns dos seus profesores, e aprenderon como é o traballo diario na cementeira. 

01/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Canteras Prebetong, S.L.
Canteras Prebetong, S.L.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.02
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web