Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 13.Diciembre.2018


As localidades mineiras rexistran as pensións máis altas de Galicia

enviar a un amigo

Localidades mineiras, como As Pontes, Carballeda de Valdeorras, O Porriño ou Cervo, figuran entre os municipios galegos con pensións máis altas en 2017, segundo reflicte o informe sobre prestacións da Seguridade Social publicado polo Instituto Galego de Estatística. Constátase así a capacidade do sector mineiro de crear emprego estable e de calidade en contornas non urbanas. Este feito, ademais, contribúe a fixar poboación e repercute na xeración de postos de traballo indirectos.

Entre as zonas nas que se cobran pensións superiores aos 1.000 euros mantense en primeiro lugar As Pontes, cunha media de 1.333 euros por beneficiario. Unha vez máis, a influencia da central térmica de Endesa, cos seus salarios e melloras sociais, sitúa este municipio como o das pensións máis altas de Galicia.

Cervo é outra das localidades que, sen ser unha das grandes cidades, rexistra pensións por enriba dos 1.000 euros, cun importe medio de 1.175 euros ao mes. Sen dúbida a presenza da empresa Alcoa, dedicada ao refino de mineral, explica esta realidade.

Valdeorras

Especialmente significativo é o caso de Carballeda de Valdeorras. En Ourense, a provincia coas pensións máis baixas, é o único municipio con pensións de máis de 1.000 euros.

Limítrofe a el, O Barco de Valdeorras, aínda que sen superar esta cifra, destaca tamén por rexistrar prestacións contributivas entre os 900 e 1.000 euros. É xunto coa capital, Ourense, o único da provincia nesta franxa.

Constátase así como a histórica actividade mineira relacionada coa lousa en Valdeorras favoreceu que os seus xubilados cobren as prestacións máis altas da provincia. Na maioría das demais localidades ourensás as pensións non chegan aos 800 euros.

O Porriño

A outra grande área galega de tradición mineira vinculada á pedra, o concello pontevedrés do Porriño, non chega a rexistrar pensións por enriba dos 1.000 euros, pero si superan os 900. Súmase así tamén ás localidades galegas onde os pensionistas teñen maior poder adquisitivo.

15/09/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Golder Associates
Golder Associates
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web