Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Domingo - 24.Febrero.2019


As históricas canteiras do litoral de Moaña, postas en valor a través dun libro e varias rutas

enviar a un amigo

A arquitecta da Universidade da Coruña, Dª. Tamara Campos, presentou o pasado agosto o libro "As canteiras do litoral de Moaña", no que recolle un traballo que lle mereceu o Premio de Investigación Buxa. Na publicación, editada por Rinoceronte, ponse de manifesto a relevancia da extracción de pedra na parroquia de Meira, que configurou boa parte do perfil do lugar, así como da súa economía e demografía.

Na presentación, feita na Casa do Concello de Moaña, participaron representantes da Asociación de Animación Sociocultural "A Illa dos Ratos" que, a partir do libro, afondou na historia destas canteiras e organizou diversas rutas turísticas. Nos percorridos, desenvolvidos en diferentes domingos de agosto e setembro, coñecéronse as explotacións máis antigas, as do Latón e da Borna, de 1908; a do Cocho, cuxa primeira documentación data de 1926; e as máis recentes, do Arroás e da Laxe.

Contido

Ademais de afondar na evolución laboral, urbanística e da cantería na zona, a publicación analiza as características das canteiras, tanto no referido á explotación e ao produto como ás condicións laborais e sociais arredor delas. Neste sentido, indícase cómo a necesidade de man de obra para as canteiras motivou que moitos portugueses se instalasen na zona, o que explica a cantidade de apelidos de orixe lusa en Meira.

Tamén aborda o destino da pedra, que foi maiormente a construción e ampliación do peirao de Vigo, ademais de ser utilizada entre os veciños para a construción de hórreos ou muros. 

01/09/2018 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Desguaces Lema, S.L.
Desguaces Lema, S.L.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.07
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web