Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 23.Abril.2018


Aposta conxunta polo patrimonio xeolóxico e mineiro de Laxe

enviar a un amigo
  • O Concello, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a empresa mineira Caolines de Vimianzo (Cavisa) asinaron un acordo para a promoción do legado mineiro de Laxe e da minaría en xeral

O alcalde do concello de Laxe, D. José Manuel Mouzo Castiñeira; o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Juan de Dios Martín Aparicio; e o director xeral da empresa mineira Caolines de Vimianzo (Cavisa), D. Juan José López Muñoz, asinaron o pasado 14 de marzo en Laxe un convenio de colaboración para promover conxuntamente o importante patrimonio xeolóxico e mineiro deste municipio coruñés. No acto participou tamén o concelleiro de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, D. Xosé Manuel Pose Lema.

A iniciativa xorde da vontade das tres entidades de poñer en valor especialmente o arquivo fotográfico Vidal e o labor de Isidro Parga Pondal, quen foi presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia a comezos dos anos 80 do pasado século, cando estivo á fronte tanto da mina de Kaolines de Lage S.A como do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Trátase así de potenciar Laxe como destino científico e turístico, a través da realización de actividades formativas, de investigación, culturais e recreativas relacionadas coa xeoloxía e a minaría.

Divulgación e posta en valor

Segundo o acordo, desenvolveranse accións conxuntas a prol do coñecemento xeolóxico e mineiro, así como da divulgación do patrimonio relacionado con estas áreas e da súa relevancia na historia de Laxe e de Galicia. Tamén se traballará para a conservación e posta en valor do legado xeolóxico e mineiro de Laxe e se colaborará na difusión da importancia dos recursos xeolóxicos e dos beneficios da minaría para a sociedade.

Con estes obxectivos, as tres entidades comprométense a darse asesoramento entre elas e toda a información precisa para a posta en marcha das accións deseñadas no marco deste convenio, que deben ser sempre compatibles co desenvolvemento da actividade extractiva en Laxe.


Xornada

Nesta liña de colaboración está xa prevista unha xornada dedicada á posta en valor dos recursos mineiros existentes no municipio, como a extinta mina de caolín. O encontro integrarase na “Primavera científica e cultural” do programa de desestacionalización do turismo ReLAXEse 2018, que está a desenvolver a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo do Concello de Laxe.

O acordo prolongarase durante catro anos, prorrogables sucesivamente polo mesmo período. Durante este tempo, unha comisión de seguimento, constituída por dous representantes de cada entidade asinante, elaborará os convenios específicos para a posta en marcha das actividades deseñadas e fará balance da súa execución.

Importancia da iniciativa

Trala sinatura, D. Juan de Dios Martín Aparicio salientou á importancia desta iniciativa enmarcada na aposta da Cámara Oficial Mineira de Galicia por promover a posta en valor do patrimonio xeolóxico e mineiro galego. O presidente da entidade sinalou que xa hai anos se formalizou un acordo similar co concello de Lousame para a posta en valor das antigas instalacións de San Finx e destacou a recente creación da Comisión do Patrimonio e Historia Xeolóxico Mineira.

Pola súa banda, D. Xosé Manuel Pose Lema insistiu na relevancia do acordo para o concello, xa que vai permitir “poñer en valor algo importante nas nosas vidas”, como é o arquivo fotográfico Vidal e os vestixios da mina de caolín. Ademais, avanzou que xa se está a traballar na creación dunha ruta mineira, co apoio financeiro da Deputación da Coruña no marco do seu “compromiso firme co patrimonio mineiro”, engadiu.

Finalmente, D. Juan José López Muñoz referiuse á fonda vinculación da contorna co caolín, presente en Laxe, Vimianzo e Dombate, e coa empresa que el representa. Indicou que o sentido do convenio é facilitar a interpretación do arquivo fotográfico e aproveitar a marca Laboratorio Xeolóxico de Laxe. 

15/03/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Explotaciones Fillaboa, S.L.
Explotaciones Fillaboa, S.L.
Queixas, suxestions, parabens Banner censo minero

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web