Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 24.Abril.2019


Alberto Núñez Feijóo defende as propostas dos enxeñeiros galegos como motor para o progreso de Galic

enviar a un amigo

O CGES (Consello Galego de Enxeñarías) é unha entidade que agrupa aos colexios de enxeñeiros de Galicia e representa a máis de 5.000 profesionais entre os que se atopan enxeñeiros de minas. O CGES, mediante Medidas desde a enxeñaría para o desenvolvemento de Galicia, un manifesto de 20 liñas estratéxicas e máis de 100 propostas, reforza o seu compromiso co desenvolvemento e a vertebración do territorio. Un documento defendido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que subliñou a importancia das propostas presentadas polos enxeñeiros galegos para continuar traballando en liñas que fagan progresar a Galicia.

Durante a presentación do documento o pasado 22 de marzo, Feijóo subliñou a importancia das propostas e incidiu na importancia de facer país a través da colaboración e do traballo conxunto, camiño que esta marcando o CGES, unha amálgama de colectivos profesionais que decidiu unirse nunha entidade máis ampla coa única vontade de contribuír á construción da Comunidade.

Feijoó sinalou que este texto xa foi trasladado á Consellería de Facenda, a efectos de que se tome nota das propostas. E subliñou a importancia de actos como este, onde Galicia demostra que ten o seu propio modelo, con potencial para ser punteira en diversos sectores, moitos deles nos que a enxeñaría ten un papel preponderante. 

25/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Asociación Galega de Graniteiros
Asociación Galega de Graniteiros
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web