Aberta a preinscrición para formación preventiva 2018
A Cámara Oficial Mineira de Galicia está a planificar cursos de formación preventiva a desenvolver en maio-xullo 2018, financiados polas axudas del Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital á prevención de riscos e seguridade mineira, no ámbito dunha minaría sostible, das actividades mineiras non enerxéticas.
Por unha banda, plantéxanse cursos segundo o disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo», e nas seguintes Especificacións Técnicas:
2000-1-08. Formación preventiva para operadores de maquinaria de transporte, camión e volquete, en actividades extractivas de exterior (BOE nº148, 19-6-2008).
2001-1-08. Formación preventiva para operadores de maquinaria de arranque/carga/viais, pa cargadora e excavadora hidráulica de cadeas, en actividades extractivas de exterior (BOE nº163, 7-7-2008).
2003-1-10. Formación preventiva para traballadores de arranque, investigación e mantemento en exterior. (BOE nº296, 6-12-2010).
2004-1-10. Formación preventiva para traballadores de plantas e oficinas. (BOE nº296, 6-12-2010).
Por outra bnda, en base á demanda de formación detectada en anos anteriores, prevese organizar tamén cursos sobre outras cuestións de interese no eido da seguridade e saúde, como:
Riscos en seguridade (condución e uso seguro de maquinaria móbil; condicións do terreo e o seu control; caídas a distinto nivel).
Riscos hixiénicos e ergonómicos (risco por inhalación de sustancias; risco por exposición ao ruído).
Formación específica (simulacros de evacuación en caso de emerxencia; primeiros auxilios; traballos de mantemento; risco eléctrico)
Tanto a tipoloxía dos cursos como a localización dos centros de impartición definiranse en función das necesidades formativas das empresas. Ao obxecto de establecer os cursos a impartir, rogamos que cumprimentes antes do 12 de abril a seguinte enquisa, remitindo unha por cada centro de traballo distinto:
Grazs pola súa colaboración.
COMENTARIOS
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.