Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Viernes - 21.Septiembre.2018


Aberto o prazo para presentar candidaturas aos XI Premios Santa Bárbara

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia abriu o prazo para a presentación de candidaturas aos premios Santa Bárbara 2017, nas modalidades Traxectoria e Comunicación. Os galardóns entregaranse, como vén sendo habitual, no transcurso da celebración da patroa da minaría, nun xantar que terá lugar o 1 de decembro en Santiago de Compostela e que reunirá unha importante representación empresarial e institucional do sector mineiro galego.

O premio Traxectoria ten como obxectivo o recoñecemento a unha carreira meritoria que destaque polo seu bo facer no campo da minaría. Pola súa banda, a modalidade Comunicación busca premiar o labor de difusión da realidade mineira, en favor dun mellor coñecemento do sector e da súa promoción. Os galardoados recibirán unha figura de Santa Bárbara elaborada por Sargadelos e un diploma honorífico.

Poden optar a estes premios todas as persoas, empresas ou entidades vinculadas ao sector mineiro galego ou relacionadas coa temática dos premios. As candidaturas poden presentalas os propios interesados ou terceiras persoas, achegando todos os documentos que consideren oportunos para xustificar os méritos que levan á súa presentación.

Ata o 24 de novembro

As persoas que desexen presentar candidaturas poden facelo ata o 24 de novembro a través do formulario que atoparán na web www.camaraminera.org. A solicitude debe serlle remitida á Cámara Oficial Mineira de Galicia a través do enderezo electrónico cmg@camaraminera.org, do fax 981 139 664 ou da dirección postal Juan Flórez 33-35, entreplanta esquerda, 15004 A Coruña.

Un mínimo de 4 membros da comunidade mineira galega comporá o xurado encargado de elixir os premiados. Estará presidido polo presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Juan de Dios Martín Aparicio, e composto por membros da Xunta Directiva da entidade, así como por alomenos un membro da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Premiados 2007-2017

A listaxe dos premiados ao longo do dez anos de historia dos premios Santa Bárbara é:

2007
D. Jesús Hervada, enxeñeiro de Minas na Delegación Provincial da Coruña. Traxectoria.
D. Xosé Antón Rodríguez González, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Universidade de Santiago de Compostela. Comunicación.

2008
D. Antonio Campo, de Pizarras Campo e presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia ata 2007. Traxectoria.
Colectivo Artístico Grupo Cota 332. Comunicación.

2009
D. Ramón Carballal, da empresa de áridos Camilo Carballal S.L. Traxectoria.
Asociación Galega de Pizarristas. Comunicación.

2010
D. José M. Fernández Vila, de Explotaciones y Canteras del Moucho. Traxectoria.
D. Jorge Casanova, xornalista de La Voz de Galicia. Comunicación.

2011
D. Antonio Garaloces, do Balneario de Lugo Termas Romanas. Traxectoria.
Asociación Galega de Áridos. Comunicación.

2012
D. Antonio López, de Aguas de Fontoira. Traxectoria.
D. Rafael Lema, escritor e xornalista. Comunicación.

2013
D. Ángel Ferrero, do Instituto Geológico y Minero de España (IGME), Traxectoria.
D. Ángel Arnáiz, xornalista de El Correo Gallego. Comunicación.

2014
D. José González Araújo, graniteiro. Traxectoria.
Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas de Vigo. Comunicación

2015
D. Martín Cortés, de Canteras El Pozo. Traxectoria.
Dª. Alexandra Moledo, xornalista de La Opinión de A Coruña. Comunicación.

2016
D. Epifanio Campo (póstumo). Traxectoria.
D. Julio Álvarez, alcalde do Concello de Quiroga. Comunicación.

20/10/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba
CONTENIDOS RELACIONADOS
ir arriba


Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Erimsa
Erimsa
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.04
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web