Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Sábado - 26.Mayo.2018


A Xunta anuncia unha lei que regulará o aproveitamento lúdico das augas termais

enviar a un amigo

A norma establecerá unha fronteira clara entre as augas termais destinadas a fins terapéuticos e preventivos e as destinadas a fins lúdicos e que achegan tamén beneficios para a saúde dos usuarios.

D. Alberto Núñez Feijóo avanzou que o novo texto se marcará catro obxectivos fundamentais: velar pola salubridade e a hixiene deste tipo de aproveitamentos termais, que terán que acreditar; garantir a súa sustentabilidade ambiental, para evitar que se degrade a súa calidade ou se reduza o seu caudal; protexer a súa integridade; e promover o desenvolvemento económico e social das zonas nas que xorden.

O presidente da Xunta destacou que a futura lei delimitará entre establecementos balnearios -con usos terapéuticos- e espazos termais -con uso lúdico-.

Períodos de autorización

O Presidente sinalou tamén que os períodos durante os cales estarán autorizados os proxectos dependerá do solo onde estean instalados: se están en solo público, outorgarase unha concesión administrativa por 30 anos, prorrogable ata un máximo de 75; e se están en solo privado, serán autorizadas polo período previsto no proxecto, revisable como máximo cada 10 anos.

Asemade, o responsable do Goberno galego afirmou que a nova norma recollerá o réxime de inspección e sancións e dereitos e obrigas. Destas, as máis importantes son satisfacer as condicións hixiénico-sanitarias que indique o órgano sanitario; constituír unha garantía financeira do 4% sobre o investimento do proxecto; e formalizar un seguro de responsabilidade civil.

Canto aos aproveitamentos lúdicos de augas termais que xa existen, está previsto que conten cun prazo dun ano para a súa regularización unha vez se aprobe a lei.

Riqueza termal sustentable

Por último, incidiu en que esta lei suporá novas garantías para o sector, fundamental na oferta turística de Galicia. Así, beneficiarase a usuarios e propietarios, tanto das piscinas termais que xa están funcionando, como os interesados en impulsar novos espazos con este tipo de augas. “Con esta lei o termalismo galego gaña en seguridade tanto para os promotores como para os usuarios, gaña en blindaxe legal e gaña en potencial económico e turístico”, concluíu o presidente. 

25/01/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Limeisa S.A.
Limeisa S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web