Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 23.Abril.2018


A Xunta abre unha liña de axudas para reducir as emisións de po no sector mineiro

enviar a un amigo

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu o pasado 26 de febreiro unha nova liña de axudas para loitar contra a incidencia do po mineiro en empresas do sector extractivo (IN317A).Trátase así de mellorar as condicións ambientais e laborais das explotacións mineiras de Galicia, no marco do obxectivo prioritario da Xunta de reducir a incidencia das enfermidades profesionais na minaría, especialmente da silicose.

A convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, favorece as pemes e micropemes. Vai dirixida a promover a aplicación de tecnoloxías novidosas e a implantación das mellores técnicas dispoñibles para combater a incidencia do po, tanto na contorna coma nos traballadores.

O obxectivo é dobre: mellorar a calidade do ambiente e reducir a exposición ao po dos operarios, contribuíndo así ao desenvolvemento sustentable dun sector que constitúe un importante motor socioeconómico para o rural galego. O prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas remata o vindeiro 26 de marzo.

O orzamento da iniciativa é de tres millóns de euros. Isto supón o 73,35% do presuposto total do programa de fomento da minaría da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, que aumentou en 2018 en máis dun millón de euros -un 38,60%- respecto do ano anterior.

Tipos de axudas

Haberá dúas grandes liñas de actuación: investimentos e actuacións.

Por unha banda, destinaranse 1,5 millóns de euros a investimentos dirixidos a mellorar a calidade do ambiente atmosférico mediante a redución de emisións de po nas explotacións mineiras. A contía máxima das axudas por empresa será de 300.000 euros. Na concesión valoraranse aspectos como o tipo de problemática que se resolva e a tecnoloxía aplicada polo sistema de control e emisións; o incremento do nivel de protección ambiental sobre as normas europeas; ou a optimización dos investimentos que se realicen.

A outra metade do orzamento está dirixido a actuacións para a redución da exposición dos traballadores ao po, con axudas de ata un máximo de 200.000 euros. Neste caso valoraranse o tipo de actividades que se desenvolvan, o grao de exposición do posto de traballo, a porcentaxe de traballadores do centro beneficiados coa actuación e o tipo de empresa.

27/02/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Holcim Áridos
Holcim Áridos
Queixas, suxestions, parabens Banner censo minero

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.07
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web