Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 13.Diciembre.2018


A Pobra do Brollón abre a antiga mina “Cova das choias” a visitas guiadas

enviar a un amigo

O Concello lucense da Pobra do Brollón puxo en marcha este verán un programa de visitas guiadas á coñecida como “ Cova das choias”. Trátase dunha cavidade natural que acolleu labores de extracción de ferro xa na época romana e de forma intensiva nos séculos XVI e XVII para abastecer ás ferrerías da zona.

Actualmente a súa singularidade radica na existencia de diferentes especies de morcegos. Entre elas destaca a colonia máis grande coñecida en Galicia de morcego cova e os morcegos de ferradura grandes que ocupan a cova no outono.

Tal e como indica o Concello na súa web, trátase de especies vulnerables quepoden verse afectadas pola simple presenza humana. Por este motivo, a cova foi pechada a comezos de ano cun valado e só se permite o acceso no marco destas visitas reguladas, cuxo percorrido debe facerse en rigoroso silencio.

Musgo luminescente

No interior, os visitantes poden contemplar tamén o musgo luminescente que cobre as rochas e que, debido a uns filamentos que reflicten a a luz verde esmeralda, produce a ilusión visual de luminescencia.

Na Península Ibérica a existencia desta especie está documentada unicamente nunha ducia de lugares. Este musgo foi ademais incluído no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como vulnerable, debido á fraxilidade dos hábitats que ocupa.

A cova representa tamén un hábitat apropiado para as aves que lle dan nome, as choias. Trátase de paxaros da familia dos córvidos que tradicionalmente ocupaban a cavidade. Hai uns anos creuse que desapareceran, pero as medidas tomadas para a conservación das diferentes especies que alí conviven permitiron que se volvan ver.

O acceso á cova realízase por unha grande entrada de máis de 30 metros de alto. As cavidades forman 3 niveis que supoñen máis de 200 metros de percorrido, con diversas galerías naturais sen saída. A elas súmanse as creadas polo ser humano para a extracción de ferro.

Patrimonio e turismo

A tradición mineira dotou este municipio do sur de Lugo de diverso patrimonio que o Concello soubo poñer en valor como recurso turístico. Así, ademais da Cova das choias, a web municipal destaca como lugar de interese a aldea mineira "A Veneira de Roques", cuxo orixe se sitúa no poboado mineiro ligado ao xacemento mineral de Roques. Esta explotación a ceo aberto e a través de galerías abastecía, xunto a outras, ás ferrerías da comarca. Precisamente unha delas, a ferrería de Loureiro figura tamén como recurso turístico. 

30/08/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Hergaya, S.A.
Hergaya, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web