Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 16.Agosto.2018


A minaría estará presente no Día da Ciencia na Rúa da Coruña

enviar a un amigo

Diversas entidades representativas do sector xeolóxico e mineiro galego uníronse baixo a denominación "Minaría Sustentable de Galicia" para que a actividade extractiva estea presente no XXIII Día da Ciencia na Rúa, previsto para o vindeiro 5 de maio.

Trátase dun evento organizado cada ano pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarita, na Coruña, para popularizar o coñecemento científico, desmitificar e sacar a ciencia á rúa, e darlle protagonismo ao alumnado.

O grupo Minaría Sustentable de Galicia está formado pola Asociación Galega de Áridos; a Cámara Oficial Mineira de Galicia; o Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste; o Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos y Grados en Minas y Energía de Galicia; a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo; o Ilustre Colegio Oficial de Geólogos; o Instituto Geológico y Minero de España e o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña.

Valor económico e ambiental

Grazas a esta unión, a rapazada que se achegue ao Día da Ciencia na Rúa poderá coñecer os recursos xeolóxicos presentes en Galicia e as fases do seu aproveitamento a través da minaría. O obxectivo é poñer de manifesto a longa relación entre a minaría, o territorio e a sociedade galega, así como o valor económico e ambiental que achega.

O espazo de Minaría Sustentable de Galicia ofrecerá información e actividades a prol da divulgación da xeoloxía e das técnicas de investigación e posta en valor dos recursos mineiros. Así, instalarase un gran panel informativo con información xeral e unha pantalla táctil para mostrar as distintas aplicacións dos elementos da táboa periódica. Ademais, haberá unha exposición de maquinaria mineira de xoguete e un arenario onde simular os labores de sondaxe, extracción e restauración.


 

09/04/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Novo y Sierra, S.A.
Novo y Sierra, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web