Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


A Federación de Áridos premia a explotación de Votorantim en Lugo

enviar a un amigo

Votorantim Cimentos, empresa membro da Cámara Oficial Mineira de Galicia, vén de obter tres galardóns nos Premios Desenvolvemento Sostible que outorga a Federación de Áridos. Un dos recoñecementos foi para a explotación Don Isidro, que abastece de materias primas a fábrica de Cementos Cosmos de Oural, en Lugo, e que mereceu o primeiro premio na categoría de Economía pola súa contribución e valor engadido á sociedade.

Distínguese así a protección da empresa á Cova de Eirós, no concello lugués de Triacastela, onde se estableceu a preservación dun macizo de roca en torno á gruta. Segundo informa a compañía, deste xeito garántese a compatibilidade dos traballos mineiros co estudo e conservación dunha contorna na que apareceron restos paleontolóxicos de entre 30.000 e 50.000 anos de antigüidade.

Conservación e restauración

Nesa canteira, Cementos Cosmos deseñou un plan de xestión que define a estratexia de conservación da cova, a restauración da contorna e a mellora dos beneficios xerados a partir da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos que ofrece. Ademais de explorar o uso actual e futuro da zona, o plan de acción quere destacar o valor cultural que Cova Eirós representa para a comunidade local e galega.

O proxecto foi seleccionado para representar a España nos premios de desenvolvemento sostible que concede a Unión Europea de Produtores de Áridos, xunto con outra das iniciativas de Votorantim Cimentos galardoadas, a xestión de El Toril en la Rinconada (Sevilla). Neste caso, a empresa Prebetong Áridos recibiu o primeiro premio de Restauración de graveiras, o que para a compañía supón "un respaldo á política de rápida devolución das zonas explotadas á súa anterior utilidade agrícola".

Segundo explica a firma, en canto se conclúe a extracción de gravas dun sector comeza a súa restauración, recheo, achega de terras vexetais, nivelación e posta en valor como terreo fértil axeitado para o cultivo. "Este modelo permite a convivencia simultánea de dúas actividades económicas nun mesmo terreo, pois o uso mineiro só lle afecta a dúas hectáreas das 204 de superficie total autorizada para explotación", engade.

Premio de biodiversidade

Asemade, Prebetong Áridos obtivo o segundo premio de Biodiversidade á rexeneración de El Zairón, en Alcolea del Río, tamén en Sevilla. O galardón recoñece a conservación dunha gran lagoa artificial de sete hectáreas, en vez de recuperar a zona de cultivo. A decisión responde á riqueza biolóxica adquirida, tanto na fauna como na súa vexetación acuática e de ribeira. Ademais, a empresa tivo en consideración criterios de seguridade, ao concibir a lagoa como un aliviadoiro natural das augas pluviais das fincas da contorna, o que evita inundacións.

Sobre Votorantim Cimentos               

Votorantim Cimentos (www.votorantimcimentos.com) entrou en 2012 no mercado español, desde o que opera en Europa, África e Asia a través da súa filial VCEAA (Votorantim Cimentos Europe, Africa & Asia). É parte do Grupo Votorantim, unha firma 100% brasileira que está presente en máis de 20 países, nos sectores de cemento, metais, aceiro, enerxía, papel e agroindustria.

Votorantim Cimentos está desde 1933 no negocio dos materiais de construción (cemento, formigón, áridos e morteiros) e é unha das empresas máis grandes do sector, presente en Brasil, Arxentina, Bolivia, Canadá, España, Estados Unidos, India, Marrocos, Tunisia, Turquía e Uruguai.

En España está presente coas marcas Cementos Cosmos, Cemento Teide, Prebetong Áridos, Prebetong Hormigones e Morteros Pulmor. Dispón de fábricas integrais de cemento en Córdoba, Niebla (Huelva), Oural (Lugo) e Toral de los Vados (León); moendas de cemento en Tenerife e Bobadilla (Málaga); plantas de formigón situadas en Andalucía, Canarias, Castela e León, Estremadura e Galicia; plantas de morteiro e explotacións de áridos.

08/05/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Canarga, S.L.
Canarga, S.L.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web