Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 24.Abril.2019


A COMG participa na inauguración do museo das minas da Silvarosa

enviar a un amigo

O domingo 7 de abril tivo lugar nas instalacións da antiga escola indiana de Viveiro a inauguración do museo das minas de ferro da Silvarosa. Un acto ao que acudiron en representación da Cámara Mineira de Galicia tanto o seu presidente, Juan de Dios Martín Aparicio, coma o seu delegado, Diego López González.

O museo conta polo momento con medio centenar de fotografías e varios vídeos da actividade da mina de ferro que deu traballo a centos de galegos entre finais do século XIX e o ano 1966, cando se produciu o fin da operación mineira.

Este é o inicio dun proxecto impulsado pola Asociación cultural e deportiva Minas da Silvarosa e que ten por obxectivo a posta en valor do pasado dun xacemento que foi símbolo de desenvolvemento industrial na Galicia rural.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o presidente da Asociación cultural e deportiva Minas da Silvarosa, Suso Oca; así como un centenar de persoas das comarcas de A Mariña e Ortegal.

08/04/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Capimor, S.A.
Capimor, S.A.
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web