Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 21.Junio.2018


A COMG intégrase na Rede Europea de Canteiras e Minas Sustentables

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia vén de ser admitida por acordo unánime como membro da Rede Europea de Canteiras e Minas Sustentables (ENSQM, nas súas siglas en inglés), unha iniciativa que nace do compromiso da industria de materias primas para promover o desenvolvemento sustentable do sector extractivo. Deste xeito, a minaría galega estará representada nesta rede europea de cooperación que traballa a prol dos valores socioeconómicos e ambientais.

Na confirmación de admisión á Cámara Oficial Mineira de Galicia, a ENSQM destaca o encaixe da entidade nos principios da rede, así como o valor engadido que representa a súa integración. A Cámara solicitou a adhesión como membro e líder do foro rexional para Galicia baseándose no seu labor como plataforma para a investigación e aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos no territorio galego.

Puxo de manifesto tamén a súa estreita colaboración cos distintos axentes, tanto públicos coma privados, como líder dunha rede autonómica que ten como obxectivo a mellora das prácticas mineiras e o seu traslado ao conxunto do sector. Nesta liña, anunciou que proximamente porán en marcha unha plataforma dixital que facilite a difusión do labor científico e técnico destes axentes.

A MINARÍA EN GALICIA

Asemade, a entidade que representa o sector mineiro galego salientou a importancia da minaría en Galicia, onde a actividade ten unha longa tradición que contribuíu ao desenvolvemento socioeconómico da Comunidade. Como cuarta produtora mineira de España, representa o 8,6% da produción estatal, grazas ás 300 explotacións e 5.000 empregos directos que xeran.

Sinala tamén o liderado galego na produción de lousa e granito ornamental, co 55% e o 65% respectivamente, e a relevancia doutros recursos mineiros, como o cuarzo, o caolín ou as augas minerais. A Cámara refírese tamén ao papel de Galicia como produtora de materias primas con risco de desabastecemento en Europa, como tungsteno, cuarzo ou magnesita, entre outros moitos minerais estratéxicos presentes no subsolo galego.

A ENSQM

Creada en 2016, a Rede Europea de Canteiras e Minas sustentables destaca entre os seus puntos clave a promoción da cooperación e do diálogo, a mellora das prácticas sustentables e a conservación da biodiversidade. Sinala tamén a xestión dos impactos ambientais e sociais, e a saúde e seguridade dos traballadores, así como a súa capacitación.

Na actualidade a ENSQM está formada por diversas asociacións europeas e por organismos nacionais de España, Alemaña e Portugal. O Estado español está representado pola Confederación de Industrias Extractivas de Rocas y Minerales Industriales (COMINROC), quen avalou a integración da Cámara Oficial Mineira de Galicia, e o Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI). 

24/11/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Cantera Pedriña, S.A.
Cantera Pedriña, S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web