Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Jueves - 16.Agosto.2018


A COMG difunde a restauración mineira galega nun congreso en Portugal

enviar a un amigo

A restauración mineira galega estará presente no congreso "Quarries alive" (Canteiras vivas) 2018, que se desenvolverá do 2 ao 4 de maio na Universidade de Évora, en Portugal. A Cámara Oficial Minera de Galicia presentará dúas comunicacións, unha sobre casos prácticos de restauración mineira en Galicia e outra centrada en estudos sobre a utilización da auga na recuperación de espazos mineiros.

O encontro está organizado pola Universidade de Évora, a Companhia Geral de Cal e Cimento (SECIL) e a Facultade de Ciências da Universidade de Lisboa. O obxectivo da iniciativa é tender pontes entre os proxectos de restauración de canteiras de todo o mundo, a través do intercambio de experiencias, enfoques e estudos innovadores. Abordaranse especialmente os proxectos que favorezan a recuperación do hábitat e potencien o valor ecolóxico das áreas mineiras.

Encontro interdisciplinar

Para as entidades organizadoras, a concienciación do forte impacto que ten a explotación mineira sobre os hábitats levou as comunidades científicas e industriais a comprometérense na busca de solucións cara a sostibilidade. O congreso representa así un punto de encontro interdisciplinar no que afondar nesas solucións.

O contido previsto distribúese en catro grandes temas: negocio e biodiversidade na xestión mineira; o papel das minas restauradas na Infraestrutura Verde Europea; restauración en áreas degradadas: contexto, estratexias e obxectivos; e ciencia para poñer en práctica. Expertos procedentes de diversos países europeos, de Brasil e Ecuador ou de Australia exporán os seus coñecementos e experiencias nas diferentes sesións.

O congreso inclúe tamén visitas á planta de cemento de SECIL en Outão, onde se poden ver os resultados do labor de restauración iniciado en 1982, e ao Parque Natural Arrábida. Ademais, como peche, impartirase un curso intensivo de restauración para incrementar a biodiversidade en áreas degradadas. 

06/04/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras y Pavimentos Bretoña, S.A.
Pizarras y Pavimentos Bretoña,  S.A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web