Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 24.Abril.2019


A COMG celebra a súa Asemblea Ordinaria de 2019

enviar a un amigo

O martes 26 de marzo tivo lugar no Balneario Termas de Cuntis, Pontevedra, a Asemblea en sesión ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia. O acto foi dirixido polo presidente da Cámara, Juan de Dios Martín Aparicio, e polo director da mesma, Diego López González.

Tras a entrega aos socios asistentes do informe e da memoria de actividades do ano 2018, procedeuse á lectura e aprobación da acta da asemblea anterior para continuar coa explicación do informe e as propostas do presidente, facendo fincapé nas actividades, iniciativas e reunións levadas a cabo pola COMG durante o pasado ano para a promoción e o desenvolvemento do sector.

A continuación levou a cabo a lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2018, así como a aprobación da xestión da Xunta Directiva. Así mesmo, de cara a este ano 2019, aprobouse o orzamento de ingresos e gastos anuais, e realizouse unha actualización do censo de socios electores e elixibles.

Finalmente levou a cabo a aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais provenientes da actividade da cámara.

27/03/2019 ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Pizarras de León, S.A. - PILESA
Censo minero Seguridade e Saúde Mineira de Galicia Material didáctico de minaría Patrimonio Mineiro de Galicia

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web