Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 23.Abril.2018


A COMG avaliou a súa actividade na asemblea anual

enviar a un amigo

Os socios da Cámara Oficial Mineira de Galicia reuníronse o pasado 20 de marzo en Santiago para avaliar a actividade desenvolvida no último ano pola entidade, así como os presupostos para 2018.

Tras a aprobación da acta da asemblea de 2017, o presidente, D. Juan de Dios Martín Aparicio, abordou o informe da actividade do pasado ano, recollida na nova edición da Memoria que lle foi entregada aos asistentes.

A continuación, os socios coñeceron o balance das contas xerais da Cámara, co detalle dos gastos e ingresos de 2017. Presentouse tamén o informe dunha auditoría que determina que os estados financeiros expresan a "imaxe fiel da situación financeira" da entidade.

Ademais, analizouse o labor desenvolvido pola Xunta Directiva no pasado Exercicio. Segundo a documentación presentada, en 2017 materializáronse un cento de acordos sobre diversos aspectos relacionados coa xestión da Cámara.

Finalmente, debullouse o presuposto para 2018, que cuns ingresos de case 400.000 euros, prevé cubrir todos os gastos.

Tras a asemblea, os socios asistiron ao foro "Novidades da Lei 5/2017. Garantías para a rehabilitación de espazos mineiros", organizada co apoio da Xunta e da correduría de seguros Peris Iberia. Un xantar púxolle o punto final a esta xornada de encontro do sector mineiro.

21/03/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.
José No Mantiñán e Hijos Construcciones, S.A.
Queixas, suxestions, parabens Banner censo minero

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web