Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Miércoles - 15.Agosto.2018


A COMG, a Escola de Minas, e Canteras ARE promoven un concurso de restauración sustentable

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e o grupo empresarial Canteras ARE colaboran na organización do “I Concurso de restauración sustentable de espazos mineiros”. O certame diríxese ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos e ten como obxectivo implicar a poboación máis nova na busca de posibles usos para as canteiras unha vez finalizada a explotación.

Os participantes deberán desenvolver un proxecto que propoña unha solución técnica, económica, social e ambientalmente viable, a partir do aproveitamento do espazo do oco dunha canteira. O proxecto ten que posibilitar usos sociais e privados; basearse en solucións arquitectónicas e paisaxísticas que reduzan o impacto visual e ambiental; e favorecer a conservación e aforro enerxético, o uso enerxético e a introdución de enerxías renovables.

A través desta iniciativa, os alumnos terán a oportunidade de poñer en práctica os seus coñecementos relacionados coas ciencias da Terra e do medio ambiente, a bioloxía e xeoloxía, o debuxo técnico e a tecnoloxía, mesturados con diferentes habilidades como a creatividade, a estética, o deseño e o traballo en equipo.

Nesta primeira edición, o proxecto centrarase en propostas de restauración para o oco creado pola explotación de áridos da canteira Richinol, situada en Melide e pertencente ao grupo empresarial Canteras ARE. Trátase dunha explotación a ceo aberto en ladeira de montaña que se explota en bancos duns 10 metros de alto.

As persoas interesadas poden obter máis información a través da web http://minasyenergia.uvigo.es/gl/escola/difusion/concurso-de-restauracion

02/02/2018 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
General de Hormigones S. A.
General de Hormigones S. A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web